O pasado sábado 29 de xuño tivemos a derradeira reunión do Club de Lectura de Familias e profesorado deste curso.
Partindo da proposta de lectura conxunta que nos fixo Ángeles
(coordinadora do equipo de biblioteca do CEIP PETELOS en Mos) lemos "A lavandeira de San Simón" de Eva Mejuto.
Para finalmente ese día facer unha visita os dous clubs de lectura á Illa de San Simón onde se desenvolve a historia.
Foi unha xornada moi enriquecedora, compartindo con outro Club de Lectura e falando do libro, da historia da illa, da época na que foi cárcere... mentres nos guiaban pola illa.
Queremos agradecer ao CEIP Petelos esta proposta e especialmente a Ángeles por toda a xestión da actividade e polo agasallo que nos fixeron a cada unha de nós.
Sen esquecer á Asesoría de Bibliotecas Escolares que fai posible actividades tan enriquecedoras coma esta.
De volta xa a terra fomos xantar e pola tarde fixemos a seguinte parada na nosa viaxe: Ribadavia, xa que este curso tamén lemos "Memoria do silencio" da mesma autora e quixemos dar unha volta polo barrio xudeo ...
Paseando por algúns dos lugares polos que se desenvolve a historia das Irmás Touza.
Rematamos na estación de tren de Ribadavia, buscando o lugar onde estaría o quiosco das irmás...
Foi un día para non esquecer, grazas a todas as integrantes que viñeron (xa que non foi posible que asistisen todas) e a todas as persoas que contribuíron a este "broche final" do noso club este curso...
Agora a desfrutar da lectura de verán, e vémonos en setembro!!!
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |