Skip to main content

CLUB DE LECTURAS

CLUB LECTURAS - RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS #Lecturascompartidas #Clubsdelectura #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bescolaresgal

Un dos club de lectura da escola, o dos máis pequechos,

iniciou a lectura do conto de David Mckee, "Negros e Brancos"

un libro no que cada verba ten un peso e cada imaxen un tesouro.

Moitas foron as lecturas e innumerables as conversas. É un libro co

que poder transitar na resolución de conflitos, o uso e o valor da

palabra, a reflexión... porque isto segue pasando, e non só na

rapazada, tamén en adultos que ostentan grandes cargos e

representan a moitas persoas (quizais moitas nin quixeran...).

O caso é que sempre hai problemas e discusións, ensinar outros

camiños para transitalos é necesario, e practicar co exemplo o é máis.

Aproveitamos o conto para facer actividades relaxantes como é a pintura,

con todos os seus matices, porque nós queremos ser eses elefantes que

se internan na selva e buscan a paz, eles son de mil brancos, grises e negros.

Usamos a regla, medimos, trazamos,  porque é importante que o

seu uso sexa motivador, non é sinxelo, é un novo aparello que

ven incorporase ao material escolar habitual.

 

O día 1 de febreiro realizaremos unha tertulia alumnado

e familias, pero xa podedes vir ollar a súa exposición celebrando

que hoxe 30 de xaneiro é o Día da Ilustración.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MAMBRÚ VOLVEU DA GUERRA - CARLOS LABRAÑA #Cedeira #LecturasRecomendadas #Clubsdelectura #Igualdade #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A pasada semana recibimos a visita dun autor moi importante para nós,

o dramaturgo que da nome á nosa biblioteca! Carlos Labraña realizou

unha mini representación da súa obra "Mambrú volveu da guera",

unha historia lida en diferentes cursos e con diferentes idades,

pero nas que todas suscita unha conversa que convida á reflexión.

Que pasou? Porqué o soldadiño estaba enterrado? Era unha persoa

esquecida, pero xa non o é. Imos coñecelo, voltarlle o seu nome,

coñecer que pasou. Reflexións que se abordaron nas aulas, na escola,

na visita e que de seguro, estenderanse ás familias.

Porque falar é un moi bo comezo. Sementemos a PAZ.

 

 

 

 

 

 

DESPEDIDA DO CLUB DE LECTURAS "Chocolate con libros" #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado dos Club de Lecturas "Chocolate con libros"

despide este curso cunha última sesión, moi doce e veraniega,

praia, lectura e xeado de chocolate! Umm, que rico!

 

 

 

 

ANTÓN CORTIZAS NO CLUB DE LECTURAS - OBRADOIRO DE VERBAS E XOGOS #Clubsdelectura #EscribiraBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

Despois da lectura do Merlo de Ferro e a Merla de Trapo

o alumnado do Club de Lecturas "Chocolate con Libros"

gozou dun obradoiro con Antón Cortizas o autor de ámbolos dous libros

e dunha morea máis que temos na biblioteca. Antón,

é escritor, sabe xogar coa palabra pero tamén de xogo,

ese que se fai con bugallos, trozos de lata, papeis...

con calquera material que nos proporciona a

natureza ou é de refugallo. Así crearon chifres con sons,

fixeron paxaros en papiroflexia,unha curuxa con bugallos,

leron a poesía musicada "No mundo hai un país"

de Guadi Galego, xogaron coa palabra, fixeron O bico do galo... 

Temos que agradecer á Asociación Arce quen nos puxo en

contacto con Antón, o cal nos agasallou con verbas e xogos.

Gracias Antón Cortizas para facer medrar a nosa lingua!

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido