Skip to main content

PLAMBE

MOCHILAS VIAXEIRAS #Lecturascompartidas #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

As mochilas viaxeiras seguen a súa ruta pola casas do alumnado.

Aquí unha mostra da mochila de 5 anos.

 

 

 

 

 

 

 

REUNIÓNS DO CLUB DE LECTURAS #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O trasno da capital de Santiago, de Luisa Villar Liébana,

un dos exemplares que están a ler no club de lectura "Chocolate con libros".

 

 

 

 

 

 

CONVOCATORIA PARA AS FAMILIAS - FORMACIÓN DE USUARIOS #Formacióndeusuarios #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Agora é a quenda da comunidade educativa e os diferentes axentes sociais.

O vindeiro 15 de decembro, o voluntariado de 6º de primaria levará a cabo

unha formación de usuarios para as familias. Para realizar esta visita agradecemos

que vos apuntedes seguindo as indicacións do cartaz,

aínda que non queremos que ninguén quede sen facer a visita,

se é que pode vir no último momento.

A rapazada vos guiará pola Biblioteca Lía a través dunha presentación,

vos explicará que é a CDU, fará un mini xogo e vos acompañará a unha

visita guiada polas instalacións. A formación durará aproximadamente unha hora.

Esta formación é algo necesario e importante, as portas da biblioteca e da escola

ábrense ese día para que as familias coñezades un espazo cheo de recursos,

que alberga múltiples proxectos. Un espazo que é da rapazada pero tamén do pobo.

Esperamos vervos o 15 de decembro ás 12:30h. na Biblioteca Escolar "Carlos Labraña".

 

 

 

 

 

 

LECTURAS COMPARTIDAS INTERNIVEIS #LecturasCompartidas #bescolaresgal #bibliotecainclusiva #igualdade #bescolaresgalabertas

 

As veces só necesitamos tempo, darlles tempo.

Catro grupos cooperativos de segundo prepararon o conto

"Corre, corre cabaciña". A idea era lelo en grupo, organizarse e

preparalo nas horas de ler que necesitaran. A mestra daría

indicacións se o pedían e escoitaría a dramatización sempre

que eles o solicitasen. Cada un foi organizando, tiveron conflictos,

por suposto, uns botaron máis días resolvéndoos que outros, natural,

cada quen xestiona as emocións como sabe, pode ou o contorno llelo permite.

A mestra intercedía para solventalas cando o pedían ou notaba que era

necesario encauzalos. Pero a meirande parte do tempo, a pasaban lendo

e cada vez, aparecía máis dramatización: voces, acenos... e mil ideas para

engalanar a lectura. Estaban lendo para ser escoitados e iso non ten prezo,

é o culmen, o desexado. Aprender a ler con sentido, porque importa o que contamos.

Podedes ver as caras de felicidade, tanto dos que len, como dos que escoitan.




 Tamén un anaco dunha das lecturas que resume nuns

segundos ata onde poden chegar dándolles tempo e certa liberdade.

Parabéns rapazada!

Ao rematar, ensínanlles o obxecto que acompaña ao conto, unha casa de

cabaza con boneco e camiña incluída, todo en tecidos naturais da artesá Carmen Lorenzo.

Por suposto, para xogar!

 

 

 

 

 

FORMACIÓN USUARIOS PROFESORADO #CDU #PLAMBE #bescolaresgal #bescolaresgalsbertas

Sesión de martes de tarde con Formación de Usuarios para o profesorado.

 

 

 

 

 

 

RECREOS NA BE "CARLOS LABRAÑA" #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Unha biblioteca na que collemos todas e todos,

con actividades diversas e un equipo de voluntarias

e voluntarios que son peza clave na organización

e funcionamento na hora de lecer.

 

 

 

 

 

 

HORA DE LER #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A hora de ler é unha actividade imprescindible, dinámica e diversa,

pode desenvolverse en múltiples espazos, con diversidade

de textos, a calquera idade, pode ser individual, compartida...

O importante é brindarlles unha boa selección e que sexa

comprendida polo lector ou que teña outra

persoa que lle tenda unha ponte para interpretala.

 

 

 

 

 

ENCONTROS PLAMBE 2021-2022 #EPLAMBE22 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A Biblioteca Escolar "Carlos Labraña" presente nas xornadas Plambe.

Un lugar de encontro para compartir experiencias e continuar unha formación que nunca remata.

Pois a escola ten que ir cos cambios sociais, dixitais... coa vida!

Unha foto dun intre da xornada e a nosa aportación co obradoiro: Unha carta a Percebiño!

 

Distribuir contido