Skip to main content

LECTURA EN VOZ ALTA

A POESÍA TEN A PALABRA #poéticasdiversasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Lectura de poesía escollida polo alumnado.

En tempos confusos como os que vivimos, cómpre viaxar polas
métaforas das imaxes e as palabras, asolagar as nosas bibliotecas
de poesía, buscar acubillo en versos reparadores, descubrir
a poética do  máis pequeno e próximo... 
 
 
Hai moitos ollos no mundo,
ollos ledos e baleiros,
pequerrechos, preguiceiros,
ollos tristes e profundos.
 
Ollos ollando os abrentes,
ollos con olladas frías,
ollos de noites e días,
olladas de ollos doentes.
 
Ollos claros e marróns,
azuis, negros, verde escuro,
ollos que baten nos muros,
ollos-corisco e limón.
 
Ollos das pombas feridas,
ollos limpos, meiguiceiros,
ollos que aluman carreiros,
ollos de olladas perdidas.
 
Hai moitos ollos na terra,
ollos ollando as olladas
doutros ollos e as moradas
de tantos ollos que berran.
 
Paseniño, paseniño. Antonio García Teijeiro 
 
 

 

 

 

Distribuir contido