APERTURA DA AULA SENSORIAL #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Nestes días o alumnado da escola está a coñecer a nova aula sensorial.
Un espazo creado con tenrura, para promover a calma e a inclusión.
É unha sala agradable chea de recursos sensoriais: luces, música, texturas,
imaxes, sons, proxectores, unha mesa sensorial para crear minimundos,
un recuncho de lectura, coxíns, alfombras táctiles, unha barra, espellos, xogos e
xoguetes sensoriais ... para potenciar o desenrolo cognitivo e emocional da rapazada.
Unha sala para estimular os sentidos, para favorecer a atención, a exploración,
o pracer e as sensacións de benestar.
Un lugar onde a comunicación é posible de xeito diferente.
A este recuncho relaxado, seguro, tranquilo e inclusivo,
o alumnado accedera de varias maneiras: sempre que o necesite,
en sesións con especialistas de PT e AL, en grupos reducidos con
titoras ou especialistas e na hora do recreo por quendas.
É un lugar para todas e todos, pero pensando no diversos que somos
e en cubrir as necesidades de cada un dos que convivimos na escola.