Posted in
O alumnado de 2º de primaria, Duendes, Esquíos e Vagalumes
continúan coñecendo a vila e poñendo en valor o patrimonio.
Deste xeito, continúan propoñendo actividades para realizar en familia e solventar o non
podelas ter máis presentes aínda na aula (polas restriccións sanitarias).
Nestes roteiros, as familias teñen que atopar a Percebiño, a nosa mascota da biblioteca,
nun lugar da vila, en calquera das súas parroquias.
Desta volta, comezan superando un xogo virtual de fuga, sobre a nosa vila.
Superado o reto, conseguen pistas para a localización de Percebiño.
Comezan presentándonos o reto.