As bibliotecas e o Concello de Cedeira unimos os esforzos para dar voz ao pobo porque
todas e todos temos algo que contar. A oralidade é parte do noso patrimonio inmaterial,
reflexa a nosa identidade cultural e social, a de todas as persoas que
conformamos a vila: os de sempre, os que viñeron e os que marcharon,
pois todos/as imos deixando pegada e conformando a nosa sociedade.
Este ano o Proxecto intercentros consiste na creación dunha Biblioteca Humana.
Un encontro entre lectores e libros humanos, unha experiencia de transmisión oral e cultural.
A Biblioteca Humana presenta a oportunidade de 'tomar en préstamo' a persoas co obxectivo de achegalas,
valorando as historias, os coñecementos que nos habitan e nos constrúen. Nas Bibliotecas Humanas existentes
a xente le persoas, que son prestadas polas bibliotecas, con datas acordadas, durante 10 ou 30 minutos,
aproximadamente: os primeiros 20 minutos a persoa/libro conta a súa historia e nos últimos
10 a(s) persoa(s) que escoitan teñen a oportunidade de conversar sobre o escoitado.
Convidamos a todas e cada unha das persoas a tecer redes compartindo a súa experiencia.
Tomádevos un tempo para ler a carta.
e despois cubride o formulario.
Posteriormente, con todos os libros humanos voluntarios as bibliotecas brindarán asesoramento para crear a portada do voso
libro vivinte e axudarán na creación dun breve resumo do que ides contar, como a sinopse dun libro escrito.
Feito isto poderiamos realizar unha xornada de encontros.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
CARTA BIBLIOTECA HUMANA FAMILIAS.pdf | 776.19 KB |