2016/2017
Ao igual que o curso pasado, desenvolvemos no colexio o Clube de Lectura entre o alumnado do piso superior.
Nesta ocasión houbo dous grupos: 3.º/4.º e 5.º/6.º de Primaria. Estes, reuníronse os martes e xoves, de maneira quincenal, durante a sesión do Proxecto Lector.
Esta fantástica actividade consiste en ler en grupo o mesmo libro e comentar o lido na casa, ademais de achegar as visións persoais sobre as diferentes historias.
Agardamos que ano tras ano o Clube dos Superlectores siga en
aumento!!!