Martes 18 de outubro de 2016
Os alumnos e alumnas de 4.º, 5.º e 6.º de Primaria foron, xunto cos seus correspondentes titores, a Pontevedra a ver unha obra teatral de AFundación.
A obra titulada "De los cuentos a las cuentas" e narra a historia de María, unha nena de 12 ou 13 anos, que vive co seu pai. Este é un home serio e moi racional, que contrasta coa gran imaxinación e fantasía da súa filla.
A María encántanlle as aventuras e pásao xenial co seu tío, quen lle conta montóns de contos tradicionais que a transportan a lugares marabillosos.
O problema está en que, para poder facer na vida real todas esas cousas que ocorren nos contos, precisariamos ter moitos cartos, e conseguilos non é nada doado.
Por iso, con esta obra, búscase concienciar aos nenos e nenas do valor dos cartos e a importancia de aforrar, para que algún día, nun futuro non moi lonxano, poidan facer realidade todos os seus soños.
Nos documentos adxuntos podedes ver ou descargar a guía didáctica.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
FICHA_DIDACTICA_DE_LOS_CUENTOS_A_LAS_CUENTAS_logo.pdf | 631.55 KB |