Skip to Content

SAÍDA 1.º E 2.º PRIMARIA: CAFÉ MODERNO/TEATRO AFUNDACIÓN

Xoves 3 de marzo de 2016

Os alumnos/as de 1.º e 2.º de Primaria puxemos rumbo a Pontevedra para asistir ás actividades escolares organizadas por Afundación.

 

En primeiro lugar visitamos o Café Moderno, onde participamos nun obradoiro de escultura e debuxo titulado "Heroes mitolóxicos de papel e lapis", co que coñecemos a técnica de Isidoro Brocos, un dos mestres da arte galega.

 

 

Logo dirixímonos ao Auditorio Afundación. Aí desfrutamos do espectáculo musical "Rodarirrodari", que conta a historia do tranvía Leonardo, o primeiro tranvía a vapor de Galicia que facía o traxecto entre Marín e Pontevedra.

 

 

Nos documentos adxuntos podedes ver e descargar a unidade didáctica da obra. Hai moita información e unha gran variedade de actividades.

 

AdxuntoTamaño
UNIDADE_DIDACTICA_RODARIRRODARI_final.pdf2.51 MB


page | by Dr. Radut