Skip to Content

INVESTIGAMOS: OS PINGÜÍNS

Xoves 19 de novembro de 2015

Este ano, na clase de 1.º, imos investigar sobre os pingüíns. Realizaremos moitos traballos, entre eles:

  • Un libro viaxeiro en galego/inglés en colaboración coas familias.
  • Un mural.
  • Un proxecto.
  • Manualidades.
  • ...

Antes de comezar a nosa investigación, pensamos que cousas nos gustaría saber sobre estes simpáticos animais.

Mirade cantas preguntas xurdiron!!!

  1. Canto tempo viven?
  2. Como se deslizan?
  3. Por que non poden voar?
  4. Que clase de animais son?
  5. Como é o seu corpo?
  6. Como fan pis?
  7. Quen coida dos bebés?
  8. Quen mata aos pingüíns?
  9. Como nacen?
  10. Afogan?
  11. Como andan?
  12. Como dormen?
  13. Teñen boca?
  14. Como crecen?
  15. Onde viven?
  16. Que comen?
  17. Como morren?
  18. En que casas viven?
  19. Como cazan?
  20. Como fan caca?
  21. Como se tapan do frío?
  22. Onde xogan?
  23. Teñen orellas?
  24. Roncan?
  25. Cantos pingüíns diferentes hai?
  26. Como nadan?
  27. Como falan?
  28. Teñen dentes?
  29. Teñen nariz?

 

 IMOS APRENDER UN MONTÓN!!!

COMEZAMOS...

 



page | by Dr. Radut