RESERVA PRAZA CURSO 2023/2024 EN CENTROS ADSCRITOS
Desde o luns 16 de xaneiro está aberto o prazo de reserva de praza para o curso 2023/2024.
A QUEN VAI DIRIXIDO?:
Só para o alumnado de 6.º de Primaria que vai cursar os seus estudos no I.E.S. de Vilalonga, por tratarse do noso instituto de adscrición.
QUE DOCUMENTACIÓN HAI QUE PRESENTAR E COMO?:
O anexo ED550A debidamente cumprimentado. Entregado ao alumnado, pero tamén poden descargalo nos documentos adxuntos e/ou no enlace inferior.
Poden cubrir e presentar a solicitude de 3 formas:
- Cubrila manualmente e presentala no noso centro.
- Cubrila na aplicación e presentala no noso centro.
- Cubrila na aplicación e presentala na Sede Electrónica, para o que precisarán a Chave365 ou certificado dixital.
(premer aquí para acceder e consultar máis información)
A data límite para presentar as solicitudes no centro é o LUNS 6 de febreiro
IMPORTANTE!!!: Os alumnos/as que opten por outro instituto diferente non teñen que facer a reserva agora. Deberán cubrir a solicitude de admisión no instituto escollido entre o 1 e o 20 de marzo.
Formulario reserva de praza: