MATRÍCULA 2022/2023 Prazo: do 20 ao 30 de XUÑO DE 2022 |
SÓ PARA O NOVO ALUMNADO |
A QUEN VAI DIRIXIDO? |
O prazo de matrícula vai dirixido a:
- Nenos/as que comezan a escolaridade en 3 anos (4.º Infantil). Nados no ano 2019.
- Nenos/as que cambian de centro.
Os alumnos/as que actualmente están matriculados no centro, e que continúen no mesmo o vindeiro curso, non deberán formalizar ningún trámite.
O alumnado de 6.º de Primaria que vai ir ao I.E.S., e o alumnado que solicitou matricularse noutro centro, deberá realizar a matrícula no instituto ou no centro no que vaia cursar os seus estudos.
CANDO E COMO FAGO A MIÑA SOLICITUDE? |
O prazo de presentación da matrícula abrangue desde o día 20 ao 30 de xuño de 2022, ambos incluídos.
Deben entregar toda a documentación debidamente cumprimentada na Secretaría do centro.
QUE DOCUMENTACIÓN TEÑO QUE ENTREGAR? |
Poden recoller no colexio o sobre con toda a información e documentación ou descargala nos documentos adxuntos.
-
ANEXO III debidamente cuberto (Orde do 12 de marzo de 2013): poden descargalo nos documentos adxuntos.
-
Fotocopia do Libro de Familia completo (todas as páxinas que estean escritas).
-
Fotocopia do DNI do pai, da nai (ou representantes legais) e do neno/a a matricular (se o ten).
-
Fotocopia do Libro de Vacinas do neno/a ou Certificado de vacinas.
-
Fotocopia da Cartilla da Seguridad Social (tarxeta sanitaria) ou entidade aseguradora.
-
Certificado de matrícula do curso actual no que está escolarizado o alumno/a (agás para os nacidos no ano 2018). Deben solicitado na Secretaría do centro educativo no que estea cursando estudos na actualidade.
-
Certificado de empadroamento (deben pedilo no Concello).
-
2 fotos do alumno/a tamaño carné.
-
Fotocopia do boletín de notas da última avaliación (se procede doutro colexio).
-
Outra documentación (se fose o caso): discapacidade, separación, custodia...
-
Documentación específica do centro (vai no sobre, pero tamén poden descargala nos documentos adxuntos):
-
Autorización imaxe.
-
Elección Relixión /Valores.
-
Transporte escolar.
-
Proxecto lingüístico (idioma materno).
-
Información adicional.
**A documentación que xa achegaran no proceso de admisión non é preciso que volvan entregala.
AÍNDA TEÑO DÚBIDAS. ONDE PODO PREGUNTAR? |
Poden resolver calquera dúbida referente á matrícula:
- Na Secretaría do centro.
- Chamando ao teléfono do colexio 886.15.16.69
HORARIO DE SECRETARÍA
a partir do mércores 23 de xuño
de LUNS a VENRES de 10:00 a 14:00 h.
(prégase se axusten na medida do posible)
Adxunto | Tamaño |
---|---|
formulario_autorizacion_imaxe.pdf | 173.75 KB |
formulario_eleccion_relixion_valores.pdf | 129.59 KB |
formulario_transporte.pdf | 237.13 KB |
formulario_proxecto_linguistico.pdf | 218.92 KB |
formulario_informacion_adicional.pdf | 190.53 KB |
informacion_aplicacion_abalar.pdf | 614.28 KB |
diptico_informativo.pdf | 640.17 KB |
informacion_comedor_escolar.pdf | 1.13 MB |
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Instrucións fondolibros 2022-2023.pdf | 511.05 KB |
información gratuidade e fondo libros (1).pdf | 145.55 KB |
documentacion_necesaria_22_23.pdf | 244.68 KB |
ANEXO III MATRÍCULA INFANTIL.pdf | 125.66 KB |
ANEXO III MATRICULA PRIMARIA.pdf | 125.66 KB |