Por fin chegou un dos días máis esperados por todos:
A EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO!!!
O pasado venres 30 de maio o alumnado de Educación Infantil e do 1.º ciclo de Primaria, acompañados das nosas mestras, pasamos un día xenial, cheo de emocións e novas experiencias que máis de un gardará no seu recordo para sempre.
Pola mañá visitamos o zoo da Madroa en Vigo. Jorge, o noso guía, ensinounos moitos animais, entre eles, canguros, cebras, avestruces, emús, panteras, leóns, tigres, osos, linces...
Pola tarde foi o turno do parque de bólas en Pontevedra. Despois de comer, agardábannos tobogáns, labirintos, túneles... e moitas máis diversións.
PASÁMOLO EN GRAAAAAAANDE!!!
Clicade en calquera das dúas imaxes para ver todas as fotografías deste fantástico día.