Skip to Content

DESPEDIDA

Luns 22 de xuño de 2020

Queridas familias/nenos/nenas:
 
Despois dun curso totalmente atípico e difícil chega o momento da despedida.
Este ano tocounos vivir unhas circunstancias excepcionais que quizais nunca imaxinamos que sucederían e para as que ninguén nos preparou. A pesar diso, conseguimos saír adiante XUNTOS/AS, poñendo cada un o seu granciño de area.
 
No caso das familias ese granciño foi enorme. Estou totalmente orgullosa de vós e quero felicitarvos polo voso traballo e implicación. Grazas ás vosas achegas puiden sentir que estabades preto a pesar da distancia. Verdadeiramente é unha honra e síntome privilexiada!
 
Os nenos/as desmostrástedes que sodes uns/unhas GRANDES VALENTES. O fácil sería queixarse, deixar de traballar... pero lonxe de facelo, loitáchedes ata o final. Non sabedes as ganas que teño de volver a vervos e de que estemos todos xuntos/as no colexio. Botei moito en falta as vosas risas, apertas, saúdos, despedidas, ilusións... tantas cousas!!!
 
Desexo que disfrutedes do verán e que recuperedes parte dese tempo ao que tivemos que renunciar semanas atrás.
 
Espérovos en setembro cos brazos moi abertos!!!
 
Con cariño,
A profe Olalla
❤

Nota: Aos nenos/as que están de aniversario no verán, mandareilles a súa felicitación chegado o momento.

 



page | by Dr. Radut