Skip to Content

ACTIVIDADE COLECTIVA: SEMANA DA ARTE

Mércores 3 de xuño de 2020

Bo día a todos/as!!!! Que tal estades? Desexo que vos atopedes mooooooooi ben!!!

Imos alá coa actividade colectiva. Co mes de xuño chega a "Semana da Arte", unha proposta dirixida a todo o alumnado que levamos desenvolvendo no centro desde hai uns anos.

As circunstancias especiais nas que nos atopamos fai que teñamos que cambiar a súa organización, pero vai ser igual de interesante e moi divertida!

Trátase de que intentedes recrear unha obra de arte mediante composicións coa vosa figura e diferentes materiais e obxectos que teñades pola casa. Non fai falta facer composicións grandes nin complicadas. O importante é que participedes e poidamos gozar coas vosas creacións.

No seguinte enlace tedes as instrucións:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnantes/node/1857

Non esquezades facer os envíos á profe Isa:

clase.segundo.nantes@gmail.com

Seguro que coa vosa imaxinación e creatividade saen obras fantásticas!!!

Espero ver as vosas achegas.

 

A profe Olalla.

 



page | by Dr. Radut