Maio 2019
Este venres, día 24 de maio do 2019, realizamos no CEIP Plurilingüe Nantes a nosa tradicional saída de fin de curso! Fomos ata a cidade de A Coruña para visitar o Domus e o Aquarium Finisterrae.
Comezamos o día visitando o Domus, antes coñecido como A Casa do Home. É un dos tres museos de carácter científico desta cidade e nel puidemos aprender moitas cousas sobre o ser humano.
Logo de xantar, visitamos o Aquarium Finisterrae. Aquí tivemos a ocasión de coñecer de preto unha gran variedade de especies mariñas e descubrir moitas curiosidades sobre elas.
Rematamos a xornada cunha merecida merenda. Aquí podedes ver máis fotografías da nosa excursión deste fin de curso!