Eventos
Celebración conxunta do Samaín, Magosto e clasificación para o Concurso de Trompos intercentros. Os nenos/as poden vir disfrazados da casa.
As familias están convidadas a pasar esta xornada festiva connosco a partir das 12:00 h. Haberá castañas e chourizos asados.
Día do Ensino (establecido pola Xunta para os centros educativos de Galicia). Non hai clase.
Festivo nacional. Non hai clase.
O alumnado de 3.º e 4.º de Primaria asistirá á exposición "Con D de Arte" no Café Moderno e á obra "Gaia" no Auditorio Afundación (Pontevedra).
Horario: ao longo da xornada escolar.
Conmemoración do Día Universal do Neno con diversas actividades no centro.
Actividade sobre igualdade dirixida ao alumnado de 5.º e 6.º de Primaria.
Conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller con diversas actividades no centro.
![Events at <em>CEIP PLURILINGÜE NANTES </em> Distribuir contido](/centros/ceipnantes/misc/feed.png)