INICIO DO CURSO ESCOLAR 2018/2019
O próximo mércores 12 de setembro comezarán as clases no CEIP Mosteiro de Caaveiro.
Lembramos que o horario escolar é o seguinte:
- 9.30h a 14.30h xornada lectiva
- 14.30h a 15.30h comedor escolar
- 15.30h saída do transporte
* Os martes o comedor escolar prolongarase ata as 16.15h, con servizo de transporte a continuación.
Lembrade que o alumnado de 4º de Infantil (3 anos), conforme á lei, iniciará o período de adaptación seguindo as indicacións feitas pola titora na reunión coas familias.
Recomendamos que o alumnado traía unha pequena merenda saudable para tomar no recreo.
* NOTA: A empresa concesionaria de transporte comunica que as rutas e horarios dos autobuses non sufriron ningún tipo de modificación.
LISTADO DE LIBROS E MATERIAL PARA O CURSO 2018/2019
RELACIÓN DE LIBROS PARA O CURSO 2018/2019 (CLICK AQUÍ)
RELACIÓN DE MATERIAIS ESCOLARES PARA O CURSO 2018/2019 (CLICK AQUÍ)
FIN DE CURSO 2017/2018
O PRÓXIMO XOVES, 21 DE XUÑO SERÁ O ÚLTIMO DÍA LECTIVO.
O HORARIO SERÁ O HABITUAL.
LEMBRAMOS QUE POLA TARDE SE CELEBRARÁ A FESTA DA ANPA DE 15.30 H A 20.00H.
AXIÑA SE PUBLICARÁN OS MATERIAIS PARA O PROXIMO CURSO.
BO VERÁN A TODOS.
INFORMACIÓNS VARIAS DA ANPA - MAIO 2018
A ANPA DO CENTRO COMUNICA QUE AS ACTIVIDADES ESTRAESCOLARES REMATARÁN
O VINDEIRO MÉRCORES 20 DE XUÑO.
Ata ese día as actividades discorrerán con total normalidade
(esta e outras informacións da ANPA, dentro do bloque ANPA - NOVAS desta web, consultar)
FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2018/2019
No DOGA do 21 de Maio de 2018 aparece publicada a Orde do 9 de maio de 2018 que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e a convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2018-19, destinada ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos.
- FONDO SOLIDARIO: cursos 3º, 4º de Ed. Primaria. Mantense os libros do curso 2017-18.
- AXUDA ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO: 1º e 2º de Ed. Primaria ou alumnos con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE), con rendas igual ou inferior a 9.000€. Tamén para alumnado de educación especial (EE) e alumnado con discapacidade igual ou superior ao 65% sen límite de renda.
- MATERIAL ESCOLAR: alumnado de Ed. Primaria, rendas igual ou inferiores a 5.400€.
O alumnado de 5º, 6º de EP, que participan no proxecto de educación dixital (E-DIXGAL) no curso 18-19 queda excluído da participación no fondo solidario de libro de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Si poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos na orde.
O prazo para presentación da solicitude ata o 8 de xuño de 2018. A solicitude pódese presentar presencialmente no centro ou accedendo á aplicación Fondolibros, onde cubrirán os datos, gardaranos e obtendo un nº de solicitude e despois poderán imprimir a solicitude e o anexo II e presentalo no centro ou na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
Máis información na Secretaría do centro e nos seguintes enlaces:
O SÁBADO 12 DE MAIO... IMOS AO ENCONTRO CON BRINQUEDIA
O SÁBADO 12 DE MAIO ACODIREMOS AO
ENCONTRO DE XOGOS TRADICIONAIS
ORGANIZADO POR BRINQUEDIA QUE SE CELEBRA, ESTE ANO,
NO CONCELLO DE SAN SADURNIÑO.
ACTIVIDADE CANCELADA
LISTADO DEFINITIVO DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2018/2019
4º DE EDUCACIÓN INFANTIL
TODAS AS SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA O CURSO 18/19, PRESENTADAS NESTE CENTRO, FORON ADMITIDAS.
23 DE ABRIL - DÍA DO LIBRO _ VISÍTANOS XOAN BABARRO
CO GALLO DA CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO HOXE, 23 DE ABRIL, RECIBIMOS A
VISITA DE XOAN BABARRO.
LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO - ADMISIÓN 18/19
1. BLANCO PARGA, INÉS_______________________ SI
2. PENA PAZ,LEO_____________________________ SI
3. PERMUY GRAÑA, GABRIEL __________________ SI
4. PERMUY GRAÑA, LUCAS ____________________ SI
5. TABARES PAZ, LIAM _______________________ SI
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- …
- seguinte ›
- última »