Skip to Content

Rúa Cardeal Páramo Somoza Nº12 Pantón 27430 (Lugo)              ceip.monte.balinho@edu.xunta.gal  Telf.:982828216/15

Escolares

NADAL 2017

MAGOSTO 2017

            A través dos fondos bibliográficos de biblioteca os nenos e nenas de quinto e sexto investigaron a cerca da festividade do Magosto. Pero como non, o que máis lles gustou foi a súa celebración.

EDUCACIÓN VIAL

SAMAÍN 2016

                            
          
     

Visita Parlamento

O venres 5 maio fumos visitar o Parlamento de Galicia, invitados por Aldeas Infantiles, dentro da actividade Parlamentarios por un día. E iso foi o que fixemos, os nenos de 1º, 2º e 5º foron parlamentarios, mentres que os nenos de 4 e 5 anos foron un excelente público.

O noso portavoz foi Luís, e fixoo fenomenal, contou unha fermosa historia e finalizou cunha serie de compromisos. O mesmo fixeron o resto de grupos parlamentarios, e despois votaron. Un dos tres mais elexidos foi un dos nosos, que contentos nos puxemos!!!!!

Aquí tedes o enlace á noticia, porque ata saímos na tele!!!!!

 

Día das Letras Galegas 2015

O luns 18 de maio conmemoramos no centro o Día das Letras Galegas este ano adicado a Xosé Filgueira Valverde.

 

Primeiro os alumnos de 6º contaron aspectos relacionados coa súa vida e obra literaria.

Despois os alumnos de 5º mostraron uns murais onde plasmaron poesías e anaquiños de algunha das súas obras.

A continuación os alumnos de 3º e 4º leron as redaccións que fixeron baixo o título "Se eu fose escritor...".

Por último os nenos de Infantil recitaron Adiós ríos, adiós fontes de Rosalía de Castro.

E para rematar a xornada tivemos xogos populares.

Uns días antes baixamos ata a Casa da Cultura a un espectáculo de Maxia Cómica.

 Todas as fotos aquí

Letras Galegas 2015

Comezamos o mes de maio, mes no que festexamos o próximo día 17 o Día das Letras Galegas, este ano adicado a Xosé Filgueira Valverde. Podedes descubrir quen era e porque se lle adica este día na ligazón de mais abaixo. Tamén atoparedes xogos e outras actividades relacionadas con este autor.

Ligazón.

Actividades Día do Libro

 Con motivo do día do Libro no centro limos o noso Libro Viaxeiro coa colaboración dos alumnos de 6º de Primaria. Ademais na Biblioteca elaboramos este cartel conmemorativo deste día coa nosa mascota de protagonista.

VOLUNTARIADO LECTURA A PINGUELA

 O comezo do terceiro trimestre grazas a colaboración do IES da Pinguela puidemos disfrutar dun voluntariado de lectura, algúns dos alumnos da Pinguela pasaron polas nosas clases e disfrutamos dos Contacontos dunha maneira moi especial.

Podedes ver as fotos pinchando aquí.

Experimentando

Na clase de Ciencias Naturais estivemos facendo uns experimentos, para comprobar as características da materia, como cambia de estado e como se transforma.

 

Primeiro comprobamos se realmente o aire ocupa un espazo, para iso usamos unha xeringuilla, primeiro tiramos hacia atrás e logo tapamos o burato, e puidemos comprobar que non podíamos empurrar de todo que habia algo que tiraba cara atrás.... O AIRE!!!!!

 

Despois decubrimos como se tranasformaba a materia. Primeiro pesamos barriñas de incienso, despois e con moito coidadiño queimámolo, e cando o volvimos pesar.... PESABA MENOS!!!! porque o incienso transformouse en cinsa e gases.

Tamén deixamos nas fiestras uns vasos, algúns con sal e outros sen sal, para dentro duns días ver que pasou.

Todas as fotos na galería.

E logo duns días....

Só quedaba o sal!!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut