Skip to Content

Rúa Cardeal Páramo Somoza Nº12 Pantón 27430 (Lugo)              ceip.monte.balinho@edu.xunta.gal  Telf.:982828216/15

Escolares

Día da poesía

Hoxe foi un día moi especial, cheo de celebracións, chega a primaveira, o día da árobe e o día da poesía!

Pero se algo temos que destacar hoxe tamén, é que estamos moi orgullosas e orgullosos do noso alumnado, por primeira vez este curso emitimos en directo un programa adicado a poesía durante a hora do recreo, que ben o fixeron, que xeito, que arte, que maneira de emocionarnos!

NORABOA A TODAS E A TODOS POR ESTE GRAN PROGRAMA!

As nosas mulleres

Este ano para conmemorar o 8 de marzo, convidamos de maneira aberta a calquera muller da nosa contorna para que viñese ao centro a falarnos da súa actividade profesional e todas aquelas outras cousas que lles gustara compartir con nós.

Temos que dicir que tivemos a tres grandes mestras de ceremonias, elas pasaron con nós un anaquiño do seu tempo, e obsequiáronos coas súas experiencias de vida e sabedoría, aqui vos deixamos unhas pequenas entrevistas que o alumnado de quinto e sexto fixo.

Moitas grazas a María, Iria e Puri, unha vez máis!

 

-----------------------------------------

Eu teño alguén no meu corazón

Feticitación de Nadal

Audioconto O capitán Pirata

SEGUNDO PREMIO NO CONCURSO GALICIA, AUGA, LITERATURA E RAP.

 

 

 

 

EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA

 Polo día da Educación Física na Rúa

os nenos do cole Ceip Plurilingüe Monte Baliño  

buscamos información sobre distintos xogos 

do mundo.

                                           

                           

Despois fixemos unha pancarta con cada un dos

xogos dividíndoos por continentes.

 

Para rematar baixamos a praza para facer todos

este xogos. 

moitos veciños estaban connosco pero ningún se animou a xogar. 
 

 

 

 

FESTA VOZ NATURA

               Voz Natura é o programa de educación medioambiental da Voz de Galicia desenvolvido pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre desde o curso 1997/1998. O seu obxectivo é concienciar e implicar á comunidade escolar de Galicia na recuperación e defensa da natureza.
               Será o próximo 2 de xuño no parque deportivo de Acea de Ama, no municipio de Culleredo. Esta celebración de fin de curso contará con todo tipo de talleres e actividades lúdicas e deportivas. Cada ano acoden ao evento miles de escolares de toda Galicia. Os asistentes poderán ver tamén a exposición que reúne todos os traballos por realizados polos 350 centros que participan este curso centros ao longo do curso en Voz Natura e que sempre sorprende aos visitantes coas súas ideas. Os alumnos que destaquen co seu labor para protexer a natureza durante o curso recibirán os galardones que o comité científico outorga nas súas distintas categorías. Oito horas e media de eventos
              Os asistentes á festa poderán acceder ás instalacións do Parque Acea de Ama a partir das 11.00 horas. A festa concluirá ás 19.30. Durante oito horas e media pícaros e non tan nenos gozarán de hinchables, diferentes talleres do programa Prensa-Escola nos que poderán sentirse reporteros.
              No parque de Acea de Ama os nenos gozarán de actividades lúdicas e deportivas A organización, que contará con máis de duascentas persoas de distintos departamentos e empresas de toda a Corporación Voz, despregará durante esta xornada un amplo dispositivo para garantir a seguridade e regular o tráfico de toda a zona para que as familias poidan acudir ao recinto con tranquilidade.
              A páxina de Internet de Voz Natura irá incorporando información interesante para o público, como o programa completo de actividades e horarios, un completo plano do parque, indicacións e recomendaciones para acceder ao área da festa. Tamén, as diferentes rutas de autobuses que estarán dispoñibles para os asistentes.
             As familias que queiran participar deberán poñerse en contacto co centro antes do día 10 de xuño.A viaxe en autobús é gratuita.

A DIRECTORA

Distribuir contido


by Dr. Radut