BENVIDOS E BENVIDAS AO NOSO CENTRO

 TABOLEIRO DE SECRETARIA

 

Aquarium Finisterrae

Hoxe, o alumnado de 3º de Primaria desfrutou dunha emocionante visita ao Aquarium Finisterrae na Coruña. Unha experiencia inesquecible para coñecer de preto a riqueza da vida mariña e aprender sobre a importancia de coidar os nosos océanos. Unha xornada chea de aprendizaxe e diversión!

Obradoiro A Estruga

O alumnado de 4º de Primaria participou nunha enriquecedora visita ao mercado, onde asistiron a unha charla sobre a sostibilidade da auga organizada por A Estruga. Unha oportunidade para aprender sobre o uso responsable deste recurso fundamental e a súa importancia para o futuro do planeta. Pequenos xestos que marcan grandes diferenzas!

Obradoiros de igualdade 5º

Os alumnos e alumnas de 5º participaron en inspiradores obradoiros de igualdade organizados polo Concello, onde abordaron temas tan importantes como os ideais de beleza, a autoestima e moito máis. De todo este traballo, queremos destacar e compartir esta marabillosa reflexión: 

Excursión á granxa "Porco Celta Outeiro"

Este mércores os nenos e nenas de segundo fóronse de excursión á granxa “Porco Celta de Outeiro”, así puideron coñecer de preto como funciona unha granxa do rural onde os animais viven no seu medio natural, comen produtos da horta e do campo... e ata tiveron a sorte de poder ver e tocar a ranchiños! E se iso fose pouco, ao finalizar á visita fixéronlles unha cata de produtos 100% caseiros: xamón de porco celta, fuet, chourizo, pan feito no forno de leña, tarta de queixo, biscoito... Que envexa!

 segundo

SaMagostín

Este mércores celebramos no cole o noso xa tradicional SaMagostín, houbo disfraces do máis arrepiantes, fíxemos un concurso de bonecos terroríficos, xogamos e pasámolo fenomenal! Agora ben, as castañas estaban tan ricas, que nin temos tivemos a facerlles unha fotografía!

 

Sesións de contacontos

Este martes tivemos sesións de contacontos para todo o alumnado, para esta actividade contamos coa escritora Ana Meilán que nos narrou algunhas das súas obras:

 

Casa museo Manuel María

Onte o alumnado de sexto visitou a Casa museo de Manuel María en Outeiro de Rei e pasearon pola carballeira de Santa Isabel ás beiras do Miño e da desembocadura do río Ladra. Deixámovos unhas instantáneas da experiencia:



 

Comezamos!

O FIN DE CURSO CHEGOU!

O venres celebramos o fin de curso no centro. Despedímonos ata setembro, pero fixémolo por todo o alto. Premede na imaxe de abaixo para ver as fotos do último día de "Cole". Que ben o pasamos!

FELICES VACACIÓNS!

 

Distribuir contido