CELEBRACIÓN MAGOSTO
O vindeiro 28 de outubro celebraremos o Magosto no colexio. Ademais de xogos tradicionais e a tradicional degustación das castañas asadas, contaremos coa actuación dos VALUROS, xestionada pola ANPA do Ceip Mato Vizoso e co patrocinio da Deputación de Lugo, área de Vicepresidencia de Cultura.
EXCURSIÓN 5º
O pasado venres os nenos/as, de quinto de primaria, fomos de excursión a Santiago.
Visitamos o Parlamento de Galicia e fixemos as funcións dos deputados por uns minutos. ATA OCUPAMOS OS SEUS ASENTOS!
Pasámolo xenial á hora da comida e subimos aos tellados da CATEDRAL... Estades lendo ben, andivemos nos tellados da CATEDRAL DE SANTIAGO!
Pinchade na foto e veredes.
EXCURSIÓN A SANTIAGO DE COMPOSTELA
O pasado martes 24 de maio, o alumnado de sexto de primaria viaxou ata Santiago de Compostela para coñecer de primeira man o funcionamento do PARLAMENTO e da XUNTA de Galicia. Despois das explicacións sobre funcionamento e competencias de ditas institucións, disfrutaron dun tempo de lecer que aproveitaron para visitar a cidade. Pincha na foto.
CARREIRA DAS LETRAS GALEGAS
O PASADO VENRES DÍA 20 DE MAIO, OS NENOS E NENAS DO MATO VIZOSO, FOMOS AO ESTADIO DA MAGDALENA PARA PARTICIPAR NA CARREIRA DAS LETRAS GALEGAS XUNTO COS NENOS E NENAS DOS OUTROS COLES DO CONCELLO. ADEMAIS VIMOS A ACTUACIÓN DE UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA!!!
QUE BEN O PASAMOS! (Pinchade na foto e poderedes vernos)
LETRAS GALEGAS
O IDIOMA É A FALA
QUE NOS XUNGUE E SOSTÉN
¡SE PERDEMOS A FALA
NON SEREMOS NINGUÉN!
Para celebrar o día da nosa lingua e recordar este ano a FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN, os nenos/as do Mato Vizoso fixemos unha festa na que aprendemos cantigas e bailes populares acompañados de Montse Rivera e Mercedes co espectáculo ARMADANZAS. Así seguimos mantendo viva a nosa fala e a nosa cultura.
Pinchade na foto e veredes que ben o pasamos
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- seguinte ›
- última »