Curso 2020-21
DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O día 25 de novembro, celebrouse o día internacional contra a violencia de xénero. No centro fixemos distintas actividades para reflexionar sobre este tema como contos, debates, películas, murais...
Se queres ver o vídeo dos nenos/as de 3º B pincha aquí.
Se queres ver o vídeo dos nenos/as de 3ª A pincha aquí.
Para ver o traballo dos nenos/as de 1º A podes facelo dende aquí
Magosto
Este ano, aínda que de maneira diferente, tamén celebramos o Magosto no colexio. Pasámolo moi ben cos xogos que nos prepararon os profes de Educación Física, aínda que non puidemos xuntarnos cos compañeiros doutras clases, e comendo as castañas, que estaban ben ricas. Podédelo comprobar mirando estas fotos. E bailando..... fixemos un baile moi divertido que preparamos co profesor de Música. Mirade que ben bailaron os nenos/as de infantil. Video.
Os nenos/as de primaria fixérono así de ben. Mirade