Curso 2021-2022
Taboleiro curso 2021-22
AVISO
Debido á situación Covid, outro ano mais non faremos xornadas de acollida para o alumando de nova incorporacion. Ainda así convidamolos a unha visita ao noso centro para coñecer as nosas instalacións.
A visita será o día 23 de febreiro ás 16.15 ou 17.00 horas. Para confirmar asistencia ou resolver calquera dúbida podedes chamar ao 982870890.
RESERVA DE PRAZA EN CENTROS ADSCRITOS PARA O CURSO 2022-2023
O alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP Manuel Mato Vizoso que o vindeiro curso vaia continuar os seus estudos no IES Santiago Basanta Silva (centro adscrito ao noso ) deberá realizar a reserva de praza entre:
o 11 de xaneiro e o 8 de febreiro
(Ambos incluídos)
Para tal efecto deberán cubrir e asinar debidamente o Anexo I ( formulario normalizado ED550A) que lles facilitamos e entregalo na secretaría deste centro.Tamén se poderá solicitar a reserva de xeito telemático na aplicación admisionalumnado.
AXUDAS PARA A DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS
ENTRE O ALUMNADO MATRICULADO EN EDUCACIÓN PRIMARIA
Segundo a Orde do 28 de outubro de 2021pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria e Educación Especial en centros docentes públicos dependentes da Consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22.
DESTINATARIOS: Alumnado matriculado en Educación Primaria.
PRAZO: Entre o 15 e 26 de novembro.
SOLICITUDES:
-Non ten que presentar solicitude o alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.
-Ten que presentar a solicitude o alumnado NON beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 e cumpra:
-Renda per cápita igual ou inferior a 6000 euros ( exercicio do 20219)
-Alumnado matriculado en Educación Escpecial.
-Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia
-Alumnado con grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
As solicitudes presentaranse no centro xunto ca seguinte documentación.
-Copia do libro de familia , onde figure o alumno ou alumna e os membros computables da unidade familiar. Tamén se pode acreditar o número de membros computables da unidade familiar presentando un Certificado de convivencia ou informe dos servicios sociais.
-Certificado do grado de discapacidade.
BENVIDOS AO CURSO ESCOLAR 2021-2022
ORGANICACIÓN DO 1º DÍA DE CURSO -9 SETEMBRO
ENTRADA
Entre as 09:20 e as 09:30 o alumnado de infantil, 1º e 2º curso entrará pola porta principal e o de 3º, 4º , 5º e 6º entrará pola porta de arriba, como o curso pasado. Tamén poderán acceder pola porta traseira os alumnos/as non transportados.
Un acompañante por familia poderá acceder ao centro según se lle indique ese día.
SAÍDA
Os alumnos/AS NON USUARIOS DE COMEDOR serán entregados ás 14:30 na porta asignada:
- Infantil: porta lateral do aulario
- 1º primaria: porta principal aulario
- 2º e 3º primaria: porta patio oficinas
- 4º,5º e 6º primaria: porta aula música
Os alumnos USUARIOS DE COMEDOR NON TRANSPORTADOS serán entregados ás 15:20 na porta asignada:
-Infantil, 1º e 2º: porta traseira do patio da aula de música
-3º, 4º , 5º e 6º primaria: porta dianteira do patio da aula de música
SERVIZO DE MADRUGADORES
Aquelas familias que precisen o servizo de MADRUGADORES (de 7:30 a 09:30) deberán enviar un correo electrónico a madrugadores@vilalba.es indicando o nome e apelidos do alumno/a e o nome do colexio . O prazo é dende hoxe ata o mércores 21 de xullo de 2021.
USUARIOS DE COMEDOR
Comunícase que todos os alumnos/as que solicitaron servizo de comedor escolar para o curso 2021-2022 están admitidos .
LISTADO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2021-2022
Aquí podedes consultar o listado de libros de texto para o próximo curso.
INTERESADOS NO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR
Os que soliciten comedor escolar deberán cubrir o anexo II ( modelo de autodeclaración e especificacións) o cal poden recoller no centro ou descargalo no enlace anterior.
No caso de ter que baremar, as datas de publicación serán as seguintes:
5 de xullo: publicación de lista provisional.
Do 5 ao 8 de xullo: Período de reclamación.
9 de xullo: Publicación da lista definitiva.
COLABORADORES E COLABORADORAS DE COMEDOR ESCOLAR
Ábrese o prazo para apuntarse de colaborador/a no curso 2021-2022. Os interesado/as poden recoller o impreso no centro. O prazo de presentación é ata o 8 de setembro de 2021.
INFORMACIÓN SOBRE O FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO
A lista coa adxudicación provisional será publicada o día 28 de xuño.
O período de reclamacións serán os días 29-30 de xuño
As listaxes definitivas estarán publicadas entre o 1-2 de xullo.
Os lotes de libros adxudicados a cada alumno/a serán entregados nos primeiros días de clase, no mes de setembro.
INFORMACIÓN SOBRE A RECOLLIDA DE CHEQUES
DATAS DE ENTREGA:
CURSOS: 1º, 2º e 3º : día 5 de xullo de 10:00 a 13:00 h
CURSOS: 4º, 5º e 6º : día 6 de xullo de 10:00 a 13:00 h