VALENTINA, UN FILME QUE ABORDA A DIVERSIDADE.
O pasado luns, día 19, o alumnado de Educación Infantil e 1º de primaria, visionou o filme de animación galega, "Valentina", da autora Chelo Loureiro.
Valentina, é unha nena co Síndrome de Down, que soña con ser trapecista e cree que pola súa condición, non poderá conseguilo, pero a súa avoa, compañeira de xogos, aprendizaxes e cancións, asegúralle que se as eirugas logran converterse en bolboretas, nada é imposible.
Pinchade na imaxe de abaixo, para ver unha pequena mostra.
EXCURSIÓN EDUCACIÓN INFANTIL.
O pasado xoves 15 de xuño, o alumnado de Educación Infantil, acompañado polas súas mestras, gozou dunha sesión de cine nas salas Yelmo, do centro comercial As Termas, en Lugo. Desfrutaron do filme, "Mavka: Guardiana del bosque".
A calidade das fotos non é a mellor, debido á pouca luz, pero se queredes ver unha pequena mostra, pinchade na imaxe.
VISITA DE LOIS PÉREZ.
O pasado venres, día 16 de xuño, contamos no cole coa visita de Lois Pérez, autor de "A gruta da torre", libro que leron os nenos e nenas de 5º de primaria e co quedaron absolutamente fascinados e fascinadas. Moitas grazas por esta visita tan marabillosa e por facernos gozar así coa lectura.
Pinchade na imaxe de abaixo para ver máis:
EXCURSIÓN A FERROL. 6º E.P
Hoxe tocoulle a vez ao alumnado de 6º, que vén de pasar un día formidable en Ferrol. Visitaron a Estación de bioloxía mariña da Graña, da USC; a ruta das Meninas de Canido e o Museo Naval de Ferrol, onde puideron ver as súas instalacións e facer un taller de nós.
Ademais, gozaron dun tempo de lecer no parque Reina Sofía, na praza de Amboage e no Cantón de Molíns.
Pinchade na imaxe de abaixo, para ver máis:
EXCURSIÓN A A CORUÑA. 4º E.P
Os nenos e nenas de 4º de primaria, visitaron hoxe na Coruña, os tres museos científicos da cidade; a Domus, o Aquarium Finisterrae e a Casa das Ciencias. Aprenderon morea de cousas sobre o ser humano, a ciencia e os océanos e desfrutaron dun día marabilloso no que descubriron o fantástico que pode ser o mundo mariño.
Pinchade na imaxe de abaixo para ver que ben o pasaron:
EXCURSIÓN Á CORUÑA. 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.
O alumnado de 2º de Educación Primaria vén de gozar dun día marabilloso na Coruña. Visitaron a Casa das ciencias e o planetario, así como o Aquarium Finisterrae, onde o pasaron xenial aprendendo e desfrutando de cada unha das actividades.
Pinchade na imaxe de abaixo para poder ver que ben o pasaron.
CARREIRA DAS LETRAS GALEGAS 2023.
Seguindo cos actos para conmemorar o Día das Letras Galegas, hoxe celebramos a xa tradicional, "Carreira das Letras Galegas", no Estadio Municipal da Madalena.
Corremos "un pouquiño" e pasámolo xenial!
Moitas grazas ao Concello e ao resto de centros da vila por facelo posible.
Pinchade na imaxe de abaixo para ver a galería de fotos:
FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2023
Onte celebramos no centro o día das Letras Galegas, que este ano estaba dedicado a Francisco Fernández del Riego.
A parte de coñecer a súa vida e a súa contribución a celebración deste día, fixemos diversas actividades, que comezaron cunha "Foliada" a cargo da escola de baile tradicional, O Xeito e, a continuación, o alumnado agasallounos coas súas marabillosas actuacións.
Se queredes velas, pinchade na foto de abaixo e poderedes ver a montaxe de vídeo realizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega para o seu blogue:
Para ver todas as fotos do día das Letras galegas, pinchade no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmatovizoso/galeria/displayimage.php?album=285&pid=6029#top_display_media
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »