O prazo de entrega de solicitudes de praza no noso centro abrangue desde o 1 de marzo ata o 22 de marzo.
As persoas que desexen facer a solicitude a través da web admisionalumnado terán de prazo ata o día 20 de marzo.
A documentación a entregar é a seguinte:
- Impreso ED550B. (Pódese solicitar na secretaría do centro ou descargar aquí).
- Fotocopia da páxina do libro de familia na que aparece a nena ou neno.
- Fotocopia do DNI da/o menor (se o ten) e dos/as proxenitores/as ou persoas titoras legais.
- No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída con carácter exclusivo a un deles, e presentar a resolución xudicial correspondente.
As prazas dispoñibles pódense consultar aquí.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ED550B-C_2021_2022.pdf | 686.46 KB |