A través da ANPA Citania solicitaron ao centro un espazo para aparcar bicicletas e patinetes. Vaise a probar a habilitar o lado dereito segundo se sube (pegado á varanda verde) da rampla de acceso ao ximnasio pola porta metálica. Poderanse encadear aos ferros pero deben quedar correctamente colocados de xeito que non obstaculicen o acceso ao centro a persoas con mobilidade reducida e persoal autorizado exclusivamente.
Obviamente desde o centro non nos podemos facer responsables do que lle poida pasar aos vehículos durante a súa permanencia dentro do recinto.