As persoas titoras realizarán unha reunión coa familia na que explicarán a evolución do alumnado e as cualificacións obtidas. As familias poderán solicitar cantas aclaracións consideren precisas no referente ás cualificacións das súas fillas ou fillos se existe un desacordo coas mesmas. No caso de que, tralas aclaracións, persista o desacordo poderán presentar unha reclamación por escrito no prazo de dous días hábiles seguintes á comunicación das notas. Na seguinte ligazón está dispoñible o calendario de reclamacións. Para isto poden empregar o modelo de reclamación dispoñible tanto na web do centro coma na secretaría do mesmo.
Unha vez sexa resolta a reclamación, esta será comunicada á familia. En caso de que continúe o desacordo, a familia poderá presentar reclamación escrita ante a Xefatura Territorial correspondente que será entregada no centro.
Nos documentos adxuntos (baixo o corpo da noticia) hai modelos de reclamación ante o centro ou ante a Xefatura Territorial.
Ligazóns á lexislación aplicable:
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Modelo de reclamación ante a Xefatura Territorial.pdf | 58.85 KB |
Calendario de reclamacións.pdf | 1.28 MB |
Modelo de reclamación ás cualificacións.pdf | 129.67 KB |