EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

Dinamización da Lingua Galega está composto por catro membros, sendo a
coordinadora Belén Bascoy Cao e as restantes persoas Gloria Inés Vázquez Castro, Marcolina
Núñez Franco e Luis Alberto Alonso Vicente.
Este equipo pretende fomentar o uso da lingua galega en toda a comunidade educativa, en
colaboración co resto dos equipos docentes; pór en valor a nosa lingua xa que forma parte
da nosa identidade; promover e coñecer a nosa cultura tanto material como inmaterial.
Contamos cos recursos dispoñibles no centro, tanto audiovisuais como materiais, da
asignación económica que nos proporcionan dende política lingüística e dos recursos que
nos proporcionan outras entidades: Concello, asociacións culturais...

Powered by Drupal - Design by artinet