Como xa ven sendo tradición, a partir do día 8 celebramos a semana do Meco no Sinde.
As consignas son as seguintes:
Se pelegrín queres ser o luns sombreiro deberás traer . |
Para poder camiñar No caxato, o martes, vaste apoiar. |
O mércores un descanso has de facer e pola vieira vante coñecer. |
Para o xoves chegar primeiros poñemos unha capa nos ombreiros. |
O venres poden vir disfrazados como queiran e tamén traer unha merenda típica do entroido.