Están publicadas no taboleiro da entrada do centro as listaxes definitivas de persoas beneficiarias dos libros de texto do fondo solidario. Este ano, segundo instrucións da Consellería, decidiuse cambiar os libros de texto de 3º e 5º de Primaria. Debido a isto, o centro non terá libros sobrantes polo que as familias ás que só se lle outorgaron 4 libros deberán mercar os dous restantes (Ciencias da natureza e Ciencias sociais) ademais do Activity book de Inglés se a mestra decidise empregalo.
Os lotes de libros serán entregados en setembro.
Lembramos que esta semana se poden recoller os vales de material na secretaría do centro. As familias que non o fagan poderán recollelos no mes de setembro.