Escolares

ASAMOS CASTAÑAS

MAGOSTO 2022

CELEBRAMOS O MAGOSTO CUNHA ANDAINA POLA MAÑÁ E COMEMOS BOLIÑOS PREÑADOS E CASTAÑAS ASADAS. FOI UN DÍA XENIAL.

MAGOSTO

O 11 de novembro, día do San Martiño, celebramos o MAGOSTO

Pola maña fixemos uns roteiros máxicos, por sendeiros  cheos de castañeiros centenarios, rebolos, acompañados de xogos, cancións, refrans..

Rematamos a xornada co asado de castañas no patio que degustamos acompañados dunha foliada moi especial.

Foi un día xenial.

Observamos, experimentamos, creamos, gozamos..

Aquí vos deixamos algúns videos sobre o día.

 

XA ESTÁ AQUI O SAMAÍN

 

O Día 28 festexamos O samaín na escola, un día moi esperado para os nosos nenos e nenas. 

Durante a semana o alumnado traerá as cabazas decoradas da casa, e expoñeranse nas escaleiras do centro. o venres a ANPA as levara para decorar as ruas do pobo.

Ese día os mestres temos preparada unha xornada de aventuras terroríficas e moi divertidas. o alumnado de primaria participará nun xogo de gamificación, un día cheo de medos, risas, cofres, chaves, bruxas, araás, cabazas, esqueletes, ollos, calaveiras...

O alumnado de infantil siafrutou dun día cheo de obradoiros, manuelidades, merenda, baile e diversión. 

 

TODOS OS MOMENTOS DESTA XONADA ESTAN NA PAXINA DE TOLOLEO.

Para velo pica na seguinte enlace

https://tololeotrives.blogspot.com/SAMAIN

 

 

 

24 de outubro. DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS

O 24 de outubro o noso cole conmemora o día das bibliotecas xunto coa biblioteca do IES e a biblioteca minucipal.  

Unha xornada onde os alumnos e alumnas disfrutaran de actividades nas distintas bibliotecas.

 

TODAS AS IMAXES DO MEMOENTO NO BLOG DE TOLOLEO

http://tololeotrives.blogspot.com/biblioteca

OBRADOIROS DE IGUALDADE

Grazas a ANPA , durante os meses de outubro, novembro  e decembro gozaremos de unha ampla proposta de actividades para promover a igualdade entre nenos e nenas. 

todas as imaxes se colgaran no blog de TOLOLEO. visitadeo.

http://tololeotrives.blogspot.com/2022/10/igualdade-biblioteca-inclusiva-curso.html

AS BRIGADAS VERDES

En outubro comezaron a funcionar as brigadas verdes.  

Cada día, catro nenos  de distintos cursos, patrullaran os nosos patios para axudar a reciclar o plastico e outros residuos e para axudar a manter o patio limpo

                     

 

PROXECTOS. CURSO 2022.2023

EXCURSIÓN A SANTIAGO

Excursión fin de curso

vamos a santiago!

xuño 2022

Como obxectivo final do proxecto deste curso 

TODO O COLE FOMOS A SANTIAGO DE COMPOSTELA

Os alumnos de 4º, 5º e 6º marcharon o martes 14, percorreron un trociño do camiño, visitaron Santiago e remataron a súa viaxe o xoves na cidade de A Coruña

Infantil, 1º, 2º e 3º viaxaron o mercores 15 a SANTIAGO.

pica na imaxe para ver as fotos

 

Foi unha viaxe que os nen@s esperaban con moita ilusión despois de estes anos de pandemia.

Unha viaxe moi merecida.

Distribuir contido