MAGOSTO
Enviado por maria o Ven, 11/11/2022 - 23:24
O 11 de novembro, día do San Martiño, celebramos o MAGOSTO
Pola maña fixemos uns roteiros máxicos, por sendeiros cheos de castañeiros centenarios, rebolos, acompañados de xogos, cancións, refrans..
Rematamos a xornada co asado de castañas no patio que degustamos acompañados dunha foliada moi especial.
Foi un día xenial.
Observamos, experimentamos, creamos, gozamos..
Aquí vos deixamos algúns videos sobre o día.