Escolares

PLAN INNOVA. VIDA SAUDABLE

FACENDO EXERCICIO

FESTIVAL DE NADAL

FESTIVAL DE NADAL

RADIO PINGUEIRA 2022. ENTREVISTA A MARTA GOMEZ

O alumnado de 3º de primaria entrevistou a Marta Gomez presentadora do programa da TVGA" Zig Zag" para o xornal o fiscaiño

MES DA CIENCIA EN GALEGO 2022

Comeza a semana da ciencia

na biblioteca de Tololeo.

 

Durante a última semana de novembro  disfrutaremos de uns obradoiros cientificos na biblioteca.

Contamos coa colaboracion da ANPA e persoas externas con coñecementos científicos.

 

Grazas a Gabriel pai de Nuno e a Lidia exalumna do cole e diplomada en Física.

RECÍCLATE CON SOGAMA. PLAN PROXECTA 2022

 

XA CHEGARON OS COLECTORES DE SOGAMA.

CON ELES TEMOS A TRES VOLUNTARIOS INVOLUCRADOS NO PROXECTO. 

ENTRE TODOS PODEMOS APORTAREMOS IDEAS E BOAS PRACTICAS PARA COIDAR O PLANETA.

RECÍCLATE CON SOGAMA. PLAN PROXECTA 2022

 

ESTE CURSO PARTICIPAMOS NO PLAN PROXECTA CO PROXECTO  "RECÍCLATE CON SOGAMA"

"Recíclate con Sogama" é un programa de educación ambiental, canalizado a través do Plan Proxecta da Xunta de Galicia (Consellería de Cultura, Educación e Universidade), que ten por obxecto promover a participación e implicación da comunidade educativa na xestión sostible dos residuos urbanos mediante o consumo responsable, a menor produción de refugallos e o fomento da reutilización e a reciclaxe. 

O fin último desta iniciativa é que o alumnado, ademais de ser parte activa na mellor xestión dos refugallos producidos no ámbito escolar, actúe como axente dinamizador das boas prácticas ambientais a instaurar na súa contorna familiar e social, contribuíndo deste xeito a incrementar as taxas de reciclado  en Galicia e, polo tanto, os beneficios asociados, tanto a nivel ambiental como económicos 

Para saber mais sobre o programa pìca na seguinte ligazon

https://www.sogama.gal/gl/info/reciclate-con-sogama

 

AS ACTIVIDADES, VIDEOS E IMAXES ESTARAN SEMPRE NO BLOG DA BIBLIOTECA.

http://tololeotrives.blogspot.com/2022/11/plan-proxecta-recliclate-con-sogama.html

http://tololeotrives.blogspot.com/2022/11/brigadas-verdescurso-2223dinamizacion.html

25N. DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Durante este primeiro trimestre estanse levando a cabo obradoiros de igualdade en todas as aulas.

os videos e imaxes estan no blog da biblioteca. Para velos pica na seguinte ligazón

http://tololeotrives.blogspot.com/VIOLENCIADEXENERO

Obradoiros solicitados pola ANPA  que teñen como obxectivo promocionar a igualdade e erradicar a violencia de xénero.

O alumnado de 6º emitou un programa en Radio Pingueira sobre este día.

 

 

Distribuir contido