Este ano haberá moita arte...

NORABOA EQUIPAZO!!!!!

Boas familia,

Queremos dar os parabéns a Ana, Clara, Fuco, Nuno e Jorge. Durante este curso participaron no Concurso ECOVOZ e cun esforzo enooooorme  chegaron á Semifinal!!!! Traballaron moitísmo tanto as mestras de 6º A, B e C como estes alumnos para conseguilo e podemos estar moi moi contentos porque son un Equipazo!!!! Estamos moi orgullosos de vós!!!!

PARABÉNS CHIC@S!!!!!

 

 

 

 

CHARLAS NO CENTRO DENTRO DO PLAN DIRECTOR DA GARDA CIVIL

Estimadas familias, o vindeiro LUNS 19 DE ABRIL ás 18:00h., dentro do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e as súas contornas, terá lugar unha charla impartida pola Garda Civil.

Esta charla manterá todas as medidas covid necesarias para a seguridade dos participantes.

O contido da mesma versará sobre Internet, uso e abuso das redes sociais, etc.
Rógase, por causa da Covid-19, confirmar asistencia a través do Abalar Móbil dos vosos titores, antes do venres 16 de abril.

Cremos que vai ser unha formación moi interesante e necesaria polo que animámosvos a que participedes!!!!

Ademáis o mércores 14 e xoves 15 desta semana, os alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria participarán nestas charlas formativas e informativas do que cremos que é un tema moi importante.

Podedes consultar toda a información na seguinte LIGAZÓN.

Un cordial saúdo. A Dirección.

O 18 DE MAIO SERÁ DÍA NON LECTIVO NO NOSO CENTRO

Boas familias!!!

Queremos informarvos, con antelación, que o 18 de MAIO será día NON LECTIVO no noso centro.

 

Circular 2/2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación

Bo días familias!!!!

Publicouse a Circular 2/2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, para o curso 2020-2021 e modelos oritentativos.

 

PODEDES CONSULTAR TODA A INFORMACIÓN E OS MODELOS DE RECLAMACIÓN NESTA LIGAZÓN.

 

PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 21/22

Boas familias!!!

Todas as solicitudes de admisión para noso centro para o vindeiro curso 21/22 FORON ADMITIDAS.

Esta listaxe provisional publicarase no noso taboleiro e a podedes consultar solicitando cita previa no 981617130 de 9:00h a 13:45h.

Calqueira dúbida que teñades poñédevos en contacto con nós!

 

 

 

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Xa sabedes que hoxe comezamos as merecidísimas vacacións de Semana Santa.

Hoxe publicaranse o boletín de notas dos alumnos e alumnas na aplicación Abalar a partir das tres da tarde.

Voltaremos o MARTES 6 DE ABRIL coas forzas renovadas!!!!

Moi boas vacacións, familias!!!!

 

QUEREMOS DARVOS AS GRAZAS PORQUE CHEGAMOS TOD@S XUNTOS AO FINAL DO TRIMESTRE!!!!

SOMOS UN EQUIPAZO CON VÓS!!!!

 

ESTE VENRES 19 DE MARZO NON HABERÁ CLASE

 

Este venres temos un pequeno descanso  NON haberá cole o Venres 19 de marzo.

Vémonos de volta o luns 22 de marzo para afrontar a última semana de clase antes das merecidas vacacións de Semana Santa. Un saúdo!!!

8M NO LUÍS SEOANE - MULLERES GALEGAS

8M NO LUÍS SEOANE - MULLERES GALEGAS

Pola conmemoración do 8M, no noso centro, traballamos ao longo desta semana, sobre diferentes mulleres galegas que marcaron un punto e aparte na nosa historia. Mulleres cheas de coraxe, forza, intelixencia e loita polos dereitos e a igualdade.

Cada clase elexiu a unha muller galega da historia ou actual que fixo mella na nosa cultura. Queredes coñecelas? Aquí tedes unha pequena mostra do noso traballo... Esperamos que vos guste!!!!

 

8 M NO LUÍS SEOANE

Hoxe é un día de loita polos dereitos e a igualdade, respecto e feminismo. Hoxe é o 8M.

No noso cole temos a sorte de contar con María González de 5º A de Educación Primaria, que resultou gañadora do concurso de Lemas do COncello de Oleiros polo 8M có Lema:

 

"SON O NÚCLEO, NON SÓ A CODIA"

 

Ademáis, durante o día de hoxe haberá moitas actividades desenvolvidas nas titorías sobre moitas Mulleres Galegas de referencia que, en moitas ocasións están esquecidas ou nun segundo plano.

Por outra banda, tedes o Telexornal do Día Da Muller que fixemos, desde o Equipo de Dinamización lIngüística e Tic, o ano pasado e que seguro que gozades!!!

 

 

Ademáis, na Web do DO podedes atopar moitas actividades que se desenvolverán ao longo do día de hoxe e durante toda a semana.

Bo día Familias!!!!

 

CAMPAMENTOS DE SEMANA SANTA ORGANIZADOS POLO CONCELLO DE OLEIROS

Boas familias!!!!

Tedes neste enlace e nas novas administrativas, toda a información sobre os campamentos de Semana Santa organizados polo Concello de Oleiros.

    A preinscrición é ata o día 7 de Marzo.

Distribuir contido