Este ano haberá moita arte...

INFORMACIÓNS VARIAS INICIO DE CURSO

LISTAXES DE MATERIAL POR CURSOS

EDUCACIÓN INFANTIL: farase entrega de 30€ para a compra de material a través da ANPA do colexio no seu horario de atención ao público.

Acceder ás listaxes premendo en cada un dos cursos:

1º EDUCACIÓN PRIMARIA

2º EDUCACIÓN PRIMARIA

3º EDUCACIÓN PRIMARIA

4º EDUCACIÓN PRIMARIA

5º EDUCACIÓN PRIMARIA

6º EDUCACIÓN PRIMARIA

DATAS E HORAS DE REUNIÓNS DE PAIS/NAIS

CAMBIO DE OPTATIVA RELIXIÓN/VALORES SOCIAIS E CÍVICOS: ata o 15 de setembro (inclusive) poderase cambiar a optativa.

Para elo, deberase cubrir a solicitude e entregar en secretaría (previa cita).

SOLICITUDE CAMBIO OPTATIVA

PLAN DE ACOLLIDA COVID CURSO 2021-2022

 

ACCEDENDO NESTE ENLACE AO PLAN DE ACOLLIDA COVID PARA O CURSO 2021-22, PODEDES CONSULTAR TODA A INFORMACIÓN RELATIVA  A:

PRIMEIRO DÍA DE CLASE, HORARIOS, ORGANIZACIÓN DAS ENTRADAS E SAÍDAS, RECREOS, PREVENCIÓN DA COVID, PLAN DE ACTUACIÓN PARA A FORMACIÓN TELEMÁTICA...

SAÚDO DO EQUIPO DOCENTE

COMEZA UN NOVO CURSO!

O 2021-2022 XA ESTÁ AQUÍ!

E aínda que o lastre da pandemia inevitablemente segue aí, esta vez vimos todos con moito aprendido do vivido o ano anterior. Así pois todos xuntos, familia e escola, con ilusión, ganas e tomando todas as precaucións esperamos facelo o mellor posible e que este curso quede a altura do que os nosos nenos e nenas se merecen.

 

 

UN SAÚDO DE TODO O EQUIPO DOCENTE DO CEIP LUÍS SEOANE

 

 

 

INFORMACIÓNS VARIAS:

 

  • PRIMEIRO DÍA DE CLASE

AS CLASES COMEZAN O DÍA 9 DE SETEMBRO para todos os cursos, en horario de 9:00 a 14:00 horas, excepto para 4º de Educación Infantil, que terá o Periodo de Adaptación.

O primeiro día de clase NON PRECISAN TRAER NINGÚN LIBRO DE TEXTO OU MATERIAL ESCOLAR ESPECÍFICO distinto dun caderno, carpeta para gardar as circulares e un estoxo con lapis, goma, tesoiras, pegamento, cores… Non esquecer unha máscara de protección de reposto e auga.

*As listaxes de material serán publicadas na páxina web do cole o primeiro día de clase.

 

  • REUNIÓN FAMILIAS 4ºEDUCACIÓN INFANTIL

Lembramos que o vindeiro LUNS 6 DE SETEMBRO ÁS 17:00 HORAS terá lugar unha reunión informativa para as FAMILIAS DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL. Por protocolo COVID, só poderá asisitir un proxenitor por cada neno ou nena (non acudir cos nenos). Adxúntanse aquí calendario coas quendas que logo se adxudicarán a cada nesa reunión.

Informarase, principalmente, sobre o PERIODO DE ADAPTACIÓN.

 

  • ENTREGA DE FONDO DE LIBROS DE TEXTO PARA 3º E 4º E.P

O LUNS 6 de SETEMBRO, de 10:30 a 13:00 horas, os titores de 3º e 4º de E.P farán entrega dos libros do Fondo Solidario da Xunta para os alumnos que resultaron beneficiarios do mesmo. Recollerá os libros a persoa que fixo a solicitude ou alguén autorizado por ela, en cuxo caso traerá unha fotocopia do DNI asinada do/a solicitante. O lugar de entrega habilitarase por fóra do edificio de Primaria, no acceso de entrada do alumnado de 4º,5º e 6º.

O mesmo día, e a continuación desta entrega, as familias socias da ANPA que o solicitaron poderán completar os lotes cos libros que lles faltan. Habilitarase un espazo no mesmo acceso, diante da porta de saída da biblioteca. Para máis información desta entrega, consultar no seu blogue.

 

  • HORARIO PRESENCIAL DE REFORZO DO ANPA

Para evitar aglomeracións os primeiros días e para que as familias podades preguntar, entregar as circulares cubertas, pagar en efectivo (os que escollan esta modalidade)… ESTAREMOS PRESENCIALMENTE NO LOCAL DA ANPA OS SEGUINTES DIAS DO INICIO DO CURSO:

 

XOVES 9 DE SETEMBRO

15:30 A 17:00

LUNS 13 DE SETEMBRO

16:00 A 18:00

MARTES 14 DE SETEMBRO

16:00 A 17:15

MERCORES 15 DE SETEMBRO

16:00 A 17:15

XOVES 16 DE SETEMBRO

16:00 A 17:15

RESERVA PRAZA SERVIZO COMEDOR E MAÑANCEIROS

As datas para a RESERVA DE PRAZA DE COMEDOR E MAÑANCEIROS, que xestiona a ANPA no noso cole,  abrangue do 10 ao 30 de agosto, ambos inclusive, a través da plataforma online de Jardanay, empresa encargada de prestar estes servizos.

Usuario: luisseoane

Contrasinal: comedores2022

Podedes descargar a información accedendo á Web da ANPA

GUÍA INFORMATIVA JARDANAY

PROTOCOLOS COVID JARDANAY

REUNIÓN FAMILIAS EDUCACIÓN INFANTIL 3 ANOS

 

O LUNS 6 DE SETEMBRO POLA TARDE (hora por determinar) terá lugar a REUNIÓN DE FAMILIAS do alumnado de EDUCACIÓN INFANTIL DE 3 ANOS, onde se explicarán aspectos relacionados co inicio escolar, funcionamento do centro e periodo de adaptación, tal e como se recolle na Orde do 19 de maio do 2021 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2021-22 (DOGA 4 xuño).

 

 

VALES ADQUISICIÓN MATERIAL

Co fin de facilitar a recollida dos CHEQUES DAS  AXUDAS DE ADQUISICIÓN DE MATERIAL o centro habilitará as seguintes datas de entrega:

  • LUNS 12, MARTES 13 e MÉRCORES 14 de 9 a 13 horas.
  • Para aquelas familias que non acudan nestas datas, poderán recollelos no mes de setembro.

* As LISTAXES DE MATERIAL escolar serán publicadas na páxina web coincidindo co inicio das clases.

LISTAXES DEFINITIVAS FONDO DE LIBROS

Dende hoxe, en horario de 9 a 14 horas, poden consultarse no taboleiro do centro as LISTAXES DEFINITIVAS DA ADXUDICACIÓN DO FONDO DE LIBROS.

*Lembramos que, tal como se recolle na Lei de Protección de Datos (artigo 13), NON podemos dar ningunha información por teléfono.

*Os libros de texto que lles foron adxudicados aos nenos e nenas, serán entregados en setembro, coincidinco coa entrega dos libros de préstamo da ANPA (data por determinar).

ENTREGA DAS AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2021-22

A recollida dos cheques de axuda para adquisición de libros e material farase da seguinte maneira:
-Debe vir a recollelo a persoa que figure na solicitude
-De non poder acudir o /a solicitante, deberá autorizar a un terceiro por escrito.
-Só pode entrar no centro unha persoa, respectando as medidas de seguridade.
 - A entrega realizarase en horario de 10:00 a 13:00 horas, os seguintes días:
MARTES 6 XULLO:  alumnos de 1º e 2º de E. Primaria
MÉRCORES 7 XULLO: alumnos de 3ºe 4º de E. Primaria
XOVES 8 XULLO: alumnos de 5º e 6º de E. Primaria

*Os libros de texto de 3º e 4º de E.P entregaranse en setembro.

É importante estar pendente das novas que se publiquen na páxina web do colexio.

 

SAÚDO DA NOVA DIRECTIVA

Carmen, Edel e Araceli deixan paso a Loli, Adriana e Ana. As tres constitúen o novo Equipo Directivo, no que Loli desempeñará as funcións de Directora, Adriana de Secretaria e Ana de Xefa de Estudos.

Son cargos cheos de moitísimo traballo e responsabilidades pero tamén acompañados de ilusións, ganas, proxectos... sempre respaldados por un grupo docente e non docente marabilloso, un ANPA moi activa, familias participativas, Concello colaborador...

En definitiva, unha COMUNIDADE EDUCATIVA en prol dun ENSINO PÚBLICO E DE CALIDADE.

 

 

FIN DE CURSO 20-21

Ola familias,

Este curso tan especial rematou con moitos actos moi emotivos para despedir aos alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria que comezan a súa andaina en Secundaria para o vindeiro ano. Ademáis realizouse unha festa por todo o alto de entrega dos petos de Boas prácticas e non podía faltar unha graduación para os alumnos e alumnas de 6º de Infantil que comezan o vindeiro ano a Etapa de Primaria.

Como este ano, por mor da Covid, todo tivo que ser en privado e coas medidas de seguridade marcadas, podedes ver todos os actos nestes vídeos!!!

Felices vacacións e moi moi verán!!!!

 

 

Distribuir contido