O curso pasado celebramos...Este ano tocará...

CAMPAMENTOS DE VERÁN DO CONCELLO DE OLEIROS

Boas familias!!!!

O Concello de Oleiros abre o prazo de inscrición nas diferentes actividades e campamentos ofertadas para este verán. Tedes de prazo para realizar a Preincrición antes do 19 de Maio por Sede Electrónica no Concello.

Toda a información a podedes atopar AQUÍ.

 

CAMPAÑA DE AFORRO ENERXÉTICO

Os alumnos e alumnas do Equipo de Bosque (Boas Prácticas) pensamos que coas nosas accións no cole podemos aforrar moita enerxía.

Estás dacordo? Intentámolo?

 

SEMIFINALISTAS NO CONCURSO DE ECOVOZ

Ola familias!!!

Como xa sabedes, os alumn@s de 6º de Educación Primaria participaron este ano no Concurso de ECOVOZ. Fixérono xenial, xa que quedaron como semifinalistas!!!

Por iso, hoxe, recibiron un agasallo polo seu esforzo e adicación!!! Noraboa!!!

MES DO TEA NO NOSO COLE

O 2 de abril conmemórase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, mais no noso cole gústanos tanto a diversidade que celebramos todo o mes abril como Mes azul.

 Así, todos equipos de Boas Prácticas xuntámonos neste vídeo para explicar os Superpoderes das persoas con TEA, os nosos superheroes: os SÚPERTEA!!!!!

 

 

SEGUIMOS NO CAMIÑO DA NOVA NORMALIDADE...

Este trimestre seguimos un pasiño hacia diante... Volven as excursións de día enteiro organizadas polo Concello e, nesta ocasión, os alumnos e alumnas de 5º A de Primaria gozaron dun día cheo de actividades pola Terra Chá. Alí visitaron a Casa de Manuel María, Lagoa de Cospeito e Pena de Rodas.

Unha chulada de día!!

HOXE FOI UN DÍA DE SORPRESAS NO NOSO COLE!!!!

Como sabedes, o noso cole é un centro tan tan Ecolóxico e preocupado pola Natureza, que hoxe tivemos un novo alumno!!!!

Mirade que cousa bonita estivo parte da maña polos nosos pasillos!!!!

Ademáis, no noso Bosque temos unha pequena casiña nova... Sabedes quen é o seu dono ou dona? Traballará pola noite? Ao longo destes días intentaremos averigualo...

 

ABRIL É UN MES AZUL... ABRIMOS A PORTA AO TEA!!!

 

 Ola familias
 
Tal e como todos os anos desde o Departamento de Orientación, aproveitamos estas datas para aprender mais sobre "diversidade" e "diferenza".
 
Na WEB DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN temos propostas divertidas e moi interesantes para que o T.E.A. pase a formar parte, aínda mais do noso día a día.
 
Traballarémolas nas clases pero, dende aquí, gustaríanos animarvos a todxs a que naveguedes por eses espazos e disfrutedes ca información que nos aportan sobre algo tan evidente e tan presente como é "a diferenza e a inclusión".
 
Moitas grazas pola vosa atención e colaboración

 

 

 

 

NORABOA EQUIPAZO!!!!!

Boas familia,

Queremos dar os parabéns a Ana, Clara, Fuco, Nuno e Jorge. Durante este curso participaron no Concurso ECOVOZ e cun esforzo enooooorme  chegaron á Semifinal!!!! Traballaron moitísmo tanto as mestras de 6º A, B e C como estes alumnos para conseguilo e podemos estar moi moi contentos porque son un Equipazo!!!! Estamos moi orgullosos de vós!!!!

PARABÉNS CHIC@S!!!!!

 

 

 

 

CHARLAS NO CENTRO DENTRO DO PLAN DIRECTOR DA GARDA CIVIL

Estimadas familias, o vindeiro LUNS 19 DE ABRIL ás 18:00h., dentro do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e as súas contornas, terá lugar unha charla impartida pola Garda Civil.

Esta charla manterá todas as medidas covid necesarias para a seguridade dos participantes.

O contido da mesma versará sobre Internet, uso e abuso das redes sociais, etc.
Rógase, por causa da Covid-19, confirmar asistencia a través do Abalar Móbil dos vosos titores, antes do venres 16 de abril.

Cremos que vai ser unha formación moi interesante e necesaria polo que animámosvos a que participedes!!!!

Ademáis o mércores 14 e xoves 15 desta semana, os alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria participarán nestas charlas formativas e informativas do que cremos que é un tema moi importante.

Podedes consultar toda a información na seguinte LIGAZÓN.

Un cordial saúdo. A Dirección.

O 18 DE MAIO SERÁ DÍA NON LECTIVO NO NOSO CENTRO

Boas familias!!!

Queremos informarvos, con antelación, que o 18 de MAIO será día NON LECTIVO no noso centro.

 

Distribuir contido