Este ano haberá moita arte...

blogue deluisseoane

2º Mandado da Meca Luisiña

PLAN DIXITAL 22-23

Podedes consultar o Plan Dixital do CEIP Luis Seoane para o curso 22-23 no seguinte enlace:

PLAN DIXITAL

Axúdádesnos a elixir a música deste mes?

Ola Familias!!!

Como ven sabedes cada mes no noso cole a música cambia en función das conmemoracións que levemos a cabo... Desde o Departamento de música, a partir do mes de Maio solicitará a colaboración de todos os nenos e nenas para que elixan e propoñan as cancións que queren que soen segundo estas festividades... Pero a través deles, tamén podedes aportar ideas... Que queredes que soe e Maio??

As comemoracións serán:

- 9 de Maio - DÍA DA TERRA

- 15 de Maio - DÍA DAS FAMILIAS

- 16 de Maio - DÍA DO HEAVY

- 17 de Maio - DÍA DAS LETRAS GALEGAS

- 25 de Maio - DÍA DE ÁFRICA

- 28 de Maio - DÍA DO XOGO

No Edificio de Infantil e o Edificio de Primaria haberá un cartel cuns pequenos "buzóns" onde os nenos e nenas poden deixar as súas ideas sobre as cancións que queren escoitar e que teñan que ven con estas conmemoracións.

Animádevos a participar!!!

 

CONMEMORACIÓN 2 ABRIL DÍA MUNDIAL CONCIENCIACIÓN AUTISMO

Como cada ano por estas datas lembramos ás persoas con TEA que conviven con nós. Aproveitamos a temática que nos ofrece o 2 de abril para traballar as diferenzas entre as persoas como unha fortaleza en si mesma. Falaremos do tema, contaremos contos, visionaremos videos, decoraremos o centro...Sempre en prol da inclusión, non podería ser doutro xeito!. Na semana do 4 ao 8 de abril, será unha semana tinguida de azul intenso. 

E se imos ao cole vestidos con algo azul? Aí o deixamos!

 

 

TALLER AFECTIVO-SEXUAL PARA 5º e 6º de E.P

ALUMNADO DE 5º E 6º DE E.P DO CEIP LUIS SEOANE, EN COLABORACIÓN CO CONCELLO DE OLEIROS, VÉN DE REALIZAR UN TALLER DIDÁCTICO AFECTIVO SEXUAL ONDE TRABALLARON CONTIDOS SOBRE AS EMOCIÓNS E OS CAMBIOS AOS QUE SE ENFRENTAN CANDO SE ACHEGAN Á ADOLESCENCIA, ENTRE OUTROS.

SABEMOS A IMPORTANCIA QUE TEN QUE OS NENOS E NENAS NON DISTORSIONEN A REALIDADE EN TORNO A TEMAS COMO A DIVERSIDADE, ACEPTACIÓN... POR ISO DENDE DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DO COLEXIO, BUSCAMOS ACERCAR A INFORMACIÓN AOS NENOS DE MANEIRA CLARA, LÚDICA E DA MAN DE PROFESIONAIS QUE LLES AXUDEN A ENTENDER E RESOLVER AS SÚAS DÚBIDAS.

Eleccións ao Consello Escolar

Actividades para mejorar la atención | Fichas, Los animales vertebrados,  ActividadesHoxe martes queda constituída a Xunta Electoral que supervisará e organizará o proceso de eleccións para a renovación do Consello Escolar (podedes consultar a 1ª Acta e o calendario de actuacións premendo AQUÍ).

Este ano temos que renovar un representante do sector de nais/pais do alumnado polo que animamos a todas e todos aqueles que queiran a presentar a súa candidatura. O prazo de presentación de candidaturas comprende do 4 ao 11 de novembro.

O día de votacións será o luns 22 de novembro.

PLAN DE CONTINXENCIA - PLAN DE ENSINO VIRTUAL

Podedes consultar no documento adxunto os seguintes Protocolos:

- Plan de Continxencia

- Plan de Ensino Virtual a Distancia

- Plan de Ensino Virtual do alumnado con NEAE

PLAN DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO COVID

Podedes consultar o noso plan de adaptación ao Contexto Covid no Ficheiro adxunto.

25 de Novembro-

PROTOCOLO COMEDOR JARDANAY

Distribuir contido