Este ano haberá moita arte...

blogue deluisseoane

Curso 2024/25

Día do Ensino

Segundo o calendario escolar do curso 2023/24 ( Orde do de maio de 2023), o 7 de decembro establécese como día non lectivo ao ser o Día do Ensino. polo que non haberá clase.

Recollida de comida e enseres para mascotas

" Non son un xoguete, son un ser vivo"

Baixo ese lema comezamos a nosa campaña de recollida de comida e enseres para mascotas que foron abandonadas e viven nas canceiras proposta polo equipo de Bosque de Boas Prácticas.

Podemos trer ao cole, ata o día 15 de decembro, comida ou enseres que doaremos a unha canceira.

 

Grazas a todas e todos por difundir esta campaña e colaborar.

PROGRAMA MUNICIPAL DE NATACIÓN ESCOLAR 2023/24

preview highslide max

INVITACIÓN PARA ALUMNADO DE E. PRIMARIA DE NOVA INCORPORACIÓN

O alumnado de EDUCACIÓN PRIMARIA que se incorpora ao noso cole este curso por primeira vez, está invitado a coñecer as instalacións do colexio o XOVES 7 de setembro ás 11:00 h.,  previamente ao inicio das clases o luns 11. 

O alumnado de 5º e 6º de EI de nova incorporación, desde a titorías poñeranse en contacto con vós telefónicamente para concertara visita do cole antes do inicio das clases.

Admisión alumnado curso 2023/24

Xa está publicada a LISTAXE DEFINITIVA de alumnado admitido para o curso 2022/23

As listaxes só se poden consultar no taboleiro de anuncios do colexio ou a través da  sede electrónica coa Chave 365 (Lei de Protección de datos)

O prazo de formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño. Para realizala, o colexio poñerase en contacto telefónico coas familias no mes de xuño para concertar día e hora e realizala.

 

2º Mandado da Meca Luisiña

PLAN DIXITAL 22-23

Podedes consultar o Plan Dixital do CEIP Luis Seoane para o curso 22-23 no seguinte enlace:

PLAN DIXITAL

Axúdádesnos a elixir a música deste mes?

Ola Familias!!!

Como ven sabedes cada mes no noso cole a música cambia en función das conmemoracións que levemos a cabo... Desde o Departamento de música, a partir do mes de Maio solicitará a colaboración de todos os nenos e nenas para que elixan e propoñan as cancións que queren que soen segundo estas festividades... Pero a través deles, tamén podedes aportar ideas... Que queredes que soe e Maio??

As comemoracións serán:

- 9 de Maio - DÍA DA TERRA

- 15 de Maio - DÍA DAS FAMILIAS

- 16 de Maio - DÍA DO HEAVY

- 17 de Maio - DÍA DAS LETRAS GALEGAS

- 25 de Maio - DÍA DE ÁFRICA

- 28 de Maio - DÍA DO XOGO

No Edificio de Infantil e o Edificio de Primaria haberá un cartel cuns pequenos "buzóns" onde os nenos e nenas poden deixar as súas ideas sobre as cancións que queren escoitar e que teñan que ven con estas conmemoracións.

Animádevos a participar!!!

 

CONMEMORACIÓN 2 ABRIL DÍA MUNDIAL CONCIENCIACIÓN AUTISMO

Como cada ano por estas datas lembramos ás persoas con TEA que conviven con nós. Aproveitamos a temática que nos ofrece o 2 de abril para traballar as diferenzas entre as persoas como unha fortaleza en si mesma. Falaremos do tema, contaremos contos, visionaremos videos, decoraremos o centro...Sempre en prol da inclusión, non podería ser doutro xeito!. Na semana do 4 ao 8 de abril, será unha semana tinguida de azul intenso. 

E se imos ao cole vestidos con algo azul? Aí o deixamos!

 

 

Distribuir contido