Este ano haberá moita arte...

CONMEMORACIÓN 2 ABRIL DÍA MUNDIAL CONCIENCIACIÓN AUTISMO

Como cada ano por estas datas lembramos ás persoas con TEA que conviven con nós. Aproveitamos a temática que nos ofrece o 2 de abril para traballar as diferenzas entre as persoas como unha fortaleza en si mesma. Falaremos do tema, contaremos contos, visionaremos videos, decoraremos o centro...Sempre en prol da inclusión, non podería ser doutro xeito!. Na semana do 4 ao 8 de abril, será unha semana tinguida de azul intenso. 

E se imos ao cole vestidos con algo azul? Aí o deixamos!