Este é o noso primeiro ano traballando con este tipo de material polo que vimos moi importante que o punto de partida para comezar a traballar a programación e a robótica fora o desarrollo do pensamento computacional no noso alumnado.
Para levar a cabo este tarefa que, a priori, pode parecer unha labor tediosa e complicada, empregamos xogos nos que os nenos poden, de maneira moi intuitiva, ir desarrollando as capacidades e habilidades que, máis adiante, precisarán para programar o robot ou realizar certos retos. E todo isto dunha maneira lúdica.
Darse conta de que un robot non é un ser autónomo, que soamente vai responder ao que nos lle decimos ou o feito de que se algo faia é porque algun paso realizamos erroneamente, fai aos nosos nenos e nenas conscientes do seu rol neste tipo de actividades, cambiando a súa forma de pensamento: máis reflexivos e capaces de ir paso a paso, traballando en grupo e chegando a conclusións conxuntas e afrontando o erro como parte dun proceso.
Con estes mini-xogos e o uso da programación conseguimos repasar contidos como os ángulos, as coordenadas ou a orientación espacial, entre outros. Moi recomendable.
Aquí vos deixamos o link ao xogo para prácticar o empregar nalgunha actividade, e imaxes das nenas e nenos de 4º, 5º d 6º traballando con el.
Juegos de Blockly