PROCESO DE MATRÍCULACIÓN PARA O CURSO
PROCESO DE MATRÍCULACIÓN PARA O CURSO 2018-2019
CALENDARIO DO PROCESO
1. RESERVA DE PRAZA:PECHADOdo 1 ao 15 de febreiro, ambos dous incluídos.
2. SOLICITUDE DE ADMISIÓN:PECHADO do 1 ao 20 de marzo.
3. FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA: PECHADOdo 20 ao 30 de xuño para o alumnado de educación infantil e primaria admitido.
1. RESERVA DE PRAZA:
Lembrámoslles que se desexan realizar a reserva de praza para o vindeiro curso 2018/2019 para seguir os estudos no centro de adscrición ( o que nos corresponde é o CPI Tino Grandío, Guntín), deberán facelo mediante a presentación doAnexo I (PROCEDEMENTO ED550A)debidamente cuberto na secretaría do centro de orixe (CEIP Plurilingüe de Lousada) do1 ao 15 de febreiro, ambos dous incluídos.
Tamén pode descargarlo nos seguintes enlaces do Anexo I (https://sede.xunta.gal) ouREALIZAR ESTA XESTIÓN ÍNTEGRAMENTE NA APLICACIÓN INFORMÁTICA "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) na que se lle facilita toda a información.
A reseva adquirirá carácter vinculante polo que, se o/a alumno/a resultase admitido/a deberá formalizar a matrícula en tempo e forma no centro de adscrición.
A presentación desta solicitude de reserva será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa o por escrito presentada antes do inicio de prazo de presentación de solicitudes de admisión (1 de marzo)
2. SOLICITUDE DE ADMISIÓN:(Os enlaces á web estarán activos no comezo do prazo)
Para todo NOVOalumnado (o que inicie a súa escolarización e todo aquel que pretenda cambiar de centro).
Prazo: do 1 ao 20 de marzo. Asolicitude será única e poderase presentar:
a) de forma presencial no centro educativo elixido, ata o día 20 de marzo, na Secretaría do centro que a rexistrará presentando o impreso Anexo II (Procedemento ED55OB).
b) ou de forma electrónica na Sede Electrónica a través da aplicación admisión alumnado. O impreso Anexo II (Procedemento ED55OB)pode atopalo nos seguintes enlaces:
- na web a aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado), nesta páxina se lle facilita toda a información, enlaces de participación así coma un breve manual (na parte de abaixo da mesma) coa opción en galego/castelán;
-na dirección http://www.xunta.es/portada; http://www.edu.xunta.gal/portal/node/21113; na SEDE ELECTRÓNICA da Xunta de Galicia (ED55OB),
- ou tamén o pode recoller no propio centro.
As prazas vacantes que se ofertan para o curso 2017-2018 poderá velas no ficheiro adxunto. Ao ser un centro de dous unidades polo condicionamento do número de alumnado, as prazas que saen publicadas son tendo en conta a configuración e profesorado actual, o cal non impediría completar calquera curso ata os 25 alumnos/as xa que somos un CEIP.
A pesares de ser un centro de dous unidades, na actualidade funcionamos como un centro de tres unidades.
2.1.LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS/AS:
As listaxes provisionais de admitidos/as serán publicadas o día 24 de abril.
Así mesmo, o alumnado e as familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes a través da aplicación informática «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.
3. FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA: (Os enlaces á web estarán activos no comezo do prazo)
Prazo: Do 20 ao 30 de xuño para o alumnado de educación infantil e primaria admitido.
Cubrindo o impreso para Formalización da Matrícula para E. Infantil e E. Primaria (ANEXO III-1) que corresponda, cos datos que se lle piden, imprimilo e entregalo no centro educativo xunto coa documentación que deba acompañar.
NORMATIVA
De acordo co establecido na ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, facemos pública a normativa, os formularios de solicitudes de praza para o curso 2018-2019
Para ver a normativa reguladora do proceso de admisión e os Anexos cos FORMULARIOS, pinche encima do que desexe.
Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado (DOG 26).
MODELOS DE SOLICITUDE
-RESERVA DE PRAZA, CAMBIO DUN CENTRO A OUTRO AO QUE SE ESTEA ADSCRITO:
MODELO ANEXO I (ED550A) Accesible
-ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS:
MODELO ANEXO II (ED550B) Proximamente
- DOCUMENTO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA:
MODELO ANEXO III-1 MATRÍCULA (ED550A) Proximamente