Skip to Content

Nós empregamos as bicicletas!

Despois de investigar cal é o vehículo que máis emprega o noso alumnado de forma autónoma o resultado foi: a bicicleta. Emprégana para pasear, para ir á casa dos seus amigos e amigas, para facer exercicio...

Pero están a usala correctamente? 

Esta semana adicamoslla a bicicleta e a facer distintas actividades enfocadas a que o noso alumnado a emprege dunha maneira segura para eles e para o seu entorno. 

Durante esta semana tivemos charlas na aula, vimos algúns videos relacionados coas dúbidas que ian saíndo e finalmente realizamos unha sesión no exterior de como colocar o noso casco. A posición do noso casco pode facer que perdamos o equilibrio, que non nós protexa no caso dunha caída, ou incluso que se nós poida caer da cabeza e provocar un accidente a outros vehículos de motor que leven o mesmo camiño ca nós. Todos e todas nós demos conta dos erros que estabamos a cometer e as consecuencias que estes poden ter. 

Tamén traballamos coa guía que solicitamos a DGT,na que esta todo moi ben explicado. Se pulsades na imaxe poderedes acceder á páxina para a súa descarga. 

 

 



blog | by Dr. Radut