Como xa viñemos anunciando, fomos un dos 10 colexios de primaria que participaron este ano no "I Congreso Aliméntate Ben", celebrado o pasado Xoves, 3 de Maio, en Santiago de Compostela.
Ata alá nos desprazamos moi cedo pola mañán: alumnado, profesorado e familias collemos todos os materiais que íamos ensinar e saímos no bus para comezar unha gran xornada.
Chegamos a Santiago e o primeiro foi montar o noso stand. Naquel pequeno recuncho intentamos reflexar todo o que estivemos a realizar durante este curso no eido do plan proxecta "Aliméntate Ben": o noso horto e invernadoiro, obradoiro de pan, obradoiro de queixo, gráficas das nosas investigacións sobre os alimentos que consumimos e os nosos hábitos saudables e non tan saudables, comparativa do noso menú con un menú escolar de Gales, as nosas batidoras para dar a probar os batidos tan saudables que estivemos a facer, mostras das nosas plantas para regalar e unha morea de cousas máis!
Coñecemos nenas e nenos doutros centros, vimos outros proxectos e participamos nunha morea de obradoiros, nos que fixemos actividades moi divertidas e probamos receitas e productos saudables e moi moi ricos.
Dando a coñecer os nosos productos e actividades
Xogando nas actividades da tarde
Obradoiro de Sabores
O máis importante desta experiencia? Que o alumnado puido compartir todo o seu traballo, ensinarllo ao mundo e sentirse valorados por iso, non hai maior recompensa que esa.
Preme AQUÍ para ver a noticia na CRTVG