Skip to Content

EDUCACIÓN SEXUAL

No centro tivemos unhas charlas de educación sexual promovidas pola Deputación de Lugo, impartidas por médicas/os e sexólogas/os, co que se pretende afondar nun tema moi importante para o desenvolvemento persoal do noso alumnado.

Estas charlas desenvolveronse en dúas fases.

Nunha primeira sesión, desenvolta o día 13 de febreiro, realizouse unha charla xeral sobre a sexualidade, a menstruación e os seus produtos hixíenicos, métodos anticonceptivos e enfermidades de transmisión sexual...

Nunha segunda sesión, desenvolta o 18 de febreiro, o alumnado puido preguntar todas as dúbidas que puideran ter sobre este tema, e todas elas foron respostadas pola ponente que se acercou ao centro.

As charlas foron dinámicas e moi entretidas, nas que estes temas foron tratados con moita naturalidade e dando información real e útil ao alumnado. Fíxose fincapé na autonomía e a aceptación do propio corpo, a diversidade sexual e a normalización dos procesos que o noso corpo vai presentando, como os cambios da puberdade e a regra.

O alumnado quedou encantado, tanto coa ponente, a que agradecemos a súa labor, como coa información recibida, que de seguro será de gran relevancia no seu desenvolvemento persoal.

 

 



blog | by Dr. Radut