Skip to Content

PROCESO DE MATRÍCULACIÓN PARA O CURSO 2018-2019

PROCESO DE MATRÍCULACIÓN PARA O CURSO 2018-2019

 AVISO IMPORTANTE: TODO O ALUMNADO QUE SOLICITOU PRAZA NESTE CENTRO ESTÁ ADMITIDO.

 

CALENDARIO DO PROCESO

1. RESERVA DE PRAZA:PRAZO PECHADO do 1 ao 15 de febreiro, ambos dous incluídos.

 

2. SOLICITUDE DE ADMISIÓN:PRAZO PECHADO do 1 ao 20 de marzo.

 

3. FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA: PRAZO do 20 ao 30 de xuño para o alumnado de educación infantil e primaria admitido.

 

 

1. RESERVA DE PRAZA:  PRAZO PECHADO

Lembrámoslles que se desexan realizar a reserva de praza para o vindeiro curso 2018/2019 para seguir os estudos no centro de adscrición ( o que nos corresponde é o CPI Tino Grandío, Guntín), deberán facelo mediante a presentación do Anexo I (PROCEDEMENTO ED550A) debidamente cuberto na secretaría do centro de orixe (CEIP Plurilingüe de Lousada) do 1 ao 15 de febreiro, ambos dous incluídos.

Tamén pode descargarlo nos seguintes enlaces do Anexo I (https://sede.xunta.gal) ou REALIZAR ESTA XESTIÓN ÍNTEGRAMENTE NA APLICACIÓN INFORMÁTICA "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) na que se lle facilita toda a información.

A reseva adquirirá carácter vinculante polo que, se o/a alumno/a resultase admitido/a deberá formalizar a matrícula en tempo e forma no centro de adscrición.

A presentación desta solicitude de reserva será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa ou por escrito presentada antes do inicio de prazo de presentación de solicitudes de admisión (1 de marzo)

 

 

2. SOLICITUDE DE ADMISIÓN:PRAZO PECHADO

Para todo NOVO alumnado (o que inicie a súa escolarización e todo aquel que pretenda cambiar de centro).

Prazo: do 1 ao 20 de marzo. solicitude será única e poderase presentar:

a) de forma presencial no centro educativo elixido, ata o día 20 de marzo, na Secretaría do centro que a rexistrará presentando o impreso:

- Cuberto a man, presentación da solicitude NON CREADA a través da aplicación (faga click no enlace para acceder á descarga) Anexo II (Procedemento ED55OB).

- Ou ben, presentar a solicitude no centro CREADA a través da aplicación ADMISIONALUMNADO(faga clic para acceder),  esta ten un código xerado pola aplicación.

 

b) Ou ben de forma electrónica na Sede Electrónica da XUNTA DE GALICIA a través da aplicación facendo click neste enlace Sede Electronica

 

As prazas vacantes que se ofertan para o curso 2017-2018 pode velas no ficheiro adxunto. Ao ser un centro de dúas unidades, polo condicionamento do número de alumnado, as prazas que saen publicadas son tendo en conta a configuración e profesorado actual, o cal non impediría completar calquera curso ata os 25 alumnos/as xa que somos un CEIP.

 

A pesares de ser un centro de dúas unidades, na actualidade funcionamos como un centro de tres unidades.

 

2.1.LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS/AS:

As listaxes provisionais de admitidos/as serán publicadas o día 24 de abril.

Así mesmo, o alumnado e as familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes a través da aplicación informática «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

 

 

3. FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

Prazo: Do 20 ao 30 de xuño para o alumnado de educación infantil e primaria admitido.

Cubrindo o impreso para Formalización da Matrícula para E. Infantil e E. Primaria (ANEXO III-1) que corresponda, cos datos que se lle piden, imprimilo e entregalo no centro educativo xunto coa documentación que deba acompañar.

 

 

 

NORMATIVA

De acordo co establecido na ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, facemos pública a normativa, os formularios de solicitudes de praza para o curso 2018-2019

 

Para ver a normativa reguladora do proceso de admisión e os Anexos cos FORMULARIOS, pinche encima do que desexe.

ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG do 1).

 

Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG do 15).

 

Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado (DOG 26).

 

 

MODELOS DE SOLICITUDE

 

-RESERVA DE PRAZA, CAMBIO DUN CENTRO A OUTRO AO QUE SE ESTEA ADSCRITO:

MODELO ANEXO I (ED550A)

 

-ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS:

MODELO ANEXO II (ED550B)

 

- DOCUMENTO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA:

- MODELO MATRÍCULA PARA PRESENTAR NO CENTRO

 

 

 



blog | by Dr. Radut