Blogues

Proxecto Anual 2016-2017: Grandes Civilizacións "Un paseo pola Historia"

 

Como cada ano o centro vai traballar de maneira transversal un proxecto de centro (infantil+primaria) no que se mergullarán nos aspectos básicos das antigas e grandes civilizacións dende varios niveis: sociais, culturais, artísticos, deportivos, económicos,...para chegar a comprender os aportes das súas culturas a nosa sociedade actual dende a mitoloxía ata os aspectos máis científicos.

ANPA: Reunión, extraescolares e servizos 2016-2017

Hoxe o alumnado levará unha circular acon información importante sobre:

  • Xuntanza ANPA
  • Servizos ANPA
  • Extraescolares 2016-2017*

*Nestas últimas, grazas ao esforzo/implicación do centro e da ANPA en colaboración coas administracións, ofértanse 4 actividades gratuítas. As solicitudes das mesmas serán admitidas por rigoroso orde de entrega en man no comedor ás 09h ata o 23 de setembro.

Comezamos o curso 2016-2017

 

Reunións Familias Inicio Curso 2016-2017 (20 e 27/09)

 

Datas

  • 20 Setembro: Educ Infantil 4-5 anos (16:00 h) 1º+2º Primaria (17:30 h)
  • 27 Setembro: 3º+4º Primaria (16:00 h) 5º+6º Primaria (17:30 h)

Organización

Realizarase en dúas partes:

Altas Alerta Escolar (12-16/09)

Alerta Escolar é un conxunto organizado de accións administrativas, informativas e operativas que pretende achegar unha atención sanitaria inmediata e eficaz a todos os nenos escolarizados de entre 0-16 anos, que padecen patoloxías crónicas susceptibles de descompensación con compromiso vital:

Permisos, actualización de datos e cambio de optativa para o curso 2016-2017

Ábrese o prazo normativo de 5 días (12-16 de setembro) para: 

Bolas MEC para alumnado con NEAE (2016-2017)

Infórmase a todas as persoas interesadas en solicitar a beca do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para alumnado con N.E.A.E (Necesidades Educativas Apoio Específico) que o prazo remata o vindeiro 29 de setembro. Adxúntanse os documentos referidos á normativa e á solicitude. Para calquera consulta ou petición de información achegarse ao centro.

Cambio de optativa (Valores - Relixión)

Como todos os anos na primeira semana de curso pasarase unha circular de actualización de datos do alumnado-familias na cal poderase formalizar o posible cambio de optativa (Relixión-Valores; Valores-Relixión) para o vindeiro curso 2016-2017. 

Lembramos que Francés e Inglés non son de libre elección, ambalas dúas son materias obrigatorias no centro: Inglés (Educ. Infantil+ Educ. Primaria) Francés (4º+5º+6º)

Relación provisional do claustro 2016-2017

Ver relación provisional do claustro, susceptible a modificacións na primeira semana de setembro.

 

Obras no centro

Por motivos alleos ao centro adíase a obra proxectada no mesmo para o 10 de setembro de 2016. 

Chegado o momento informarase as familias das medidas provisionais a ter en conta para entradas e saídas.

 

 

 

Distribuir contido