Benvidos/as ao novo curso escolar, un ano académico no que se traballará un proxecto integrado de centro (Infantil-Primaria) vertebrado nas "Grandes Civilizacións" que guiará todas las propostas complementarias de saídas/obradoiros/programas de todo o curso.
Este curso comenza o Luns 12/09 de 09:00h-14:00h (con excepción do periodo de adaptación de EI 3 anos que ten horarios diferentes) para ese día non será preciso traer todo o material/libros posto que se traballarán moito dinámicas de presentación e benvidas.
Posto que entran no centro 29 novos alumnos/as:
Pregamos as familias que axuden na medida do posible a familiarizarse na nosa comunidade educativa a estas novas incorporacións.
As entradas e saídas realizaranse no seu lugar habitual respetando as filas dos cursos e lembrar que as familias salvo excepcionalidades non poden entrar no recínto/aulas (Salvo accesos a secretaria)