Proxecto Anual 2016-2017: Grandes Civilizacións "Un paseo pola Historia"

 

Como cada ano o centro vai traballar de maneira transversal un proxecto de centro (infantil+primaria) no que se mergullarán nos aspectos básicos das antigas e grandes civilizacións dende varios niveis: sociais, culturais, artísticos, deportivos, económicos,...para chegar a comprender os aportes das súas culturas a nosa sociedade actual dende a mitoloxía ata os aspectos máis científicos.

Así pois "Un paseo pola Historia; Walking through history; Une promenade par l´histoire" é o noso fío condutor este ano abordado dunha maneira plurilingüe. 

Podedes ver no noso almanaque: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiplaredo/?q=node/39 os contacontos e monográficos planificados para todo o ano onde cada aula apadriñará unha civilización para o seu traballo (videos, posters,...)e posteriores representacións;  que rematarán ao final de curso nunha festa das civilizacións con moitas sorpresas. 

Agradecemos de antemán a vosa colaboración.